23 jul 2011

Unha forte aperta ós compañeiros e compañeiras noruegueses


Ante os terribles atentados perpetrados onte en Oslo e na Illa de Utoya, e que custaron a vida de máis de oitenta persoas, moitos, xóvenes militantes laboristas que se atopaban nun campamento de verán, desde a Agrupación Local das Xuventudes Socialistas de Ourense queremos enviar unha aperta ás vítimas e ós seus achegados, e transmitir a nosa condena a un ataque tan bastardo e criminal.

Esperamos que o peso da Lei caia con toda a forza sobre os responsables.