Denuncian que o criterio de selección dos bolseiros é “absoluta e
decisivamente subxectivo”.
Consideran que se incumpre a Lei de subvencións de Galicia, que fixa como principio o establecemento de
criterios obxectivos
As
Xuventudes Socialistas de Ourense dirixirán á Xunta de Goberno da Deputación
Provincial de Ourense un recurso de reposición sobre as bases das bolsas
internacionais de prácticas para titulados universitarios que a Deputación
Provincial xestiona no marco do Programa europeo Leonardo Da Vinci. As bases, publicadas no Boletín Oficial da
Provincial do 2 de Outubro, fixan uns criterios, segundo o secretario xeral da
organización, Jonathan Da Silva, “absoluta
e decisivamente subxectivos”.
Trátase de 44 bolsas que consisten en prácticas
laborais e cursos de imersión lingüística en países da Unión Europea durante 14
semanas coas que se cubren, entre outros, gastos de aloxamento, manutención e o
desprazamento das e dos beneficiarios.
Os criterios a empregar pola comisión de
valoración, presidida polo Presidente da
Deputación ou deputado en quen delegue, son estar empadroado na provincia (1,5
puntos), a aptitude idiomática (ata 3 puntos), ter certificado de discapacidade
(0,5 puntos), ter obtido o título universitario nun centro da provincia (0,5
puntos) e, sendo eliminatoria, unha entrevista persoal (5 puntos).
En definitiva, denuncian os xóvenes socialistas, “a entrevista persoal, alén de ser
eliminatoria, supón case o 50% da
puntuación total, mentres se renuncia completamente a criterios obxectivos como
poden ser a renda familiar, o curriculum académico ou a formación de postgrao”,
o que supón, segundo os socialistas, un incumprimento dos artigos 5 e 14 da
Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia nos que se fixan como principio e
requerimento para as bases, entre outros, o
da obxectividade.
No recurso de reposición, as Xuventudes
Socialistas solicitan ó ente provincial una revisión das bases nas que se
reduza ó máximo a subxectividade do procedimento e se opte por criterios de
maior obxectividade e transparencia.