25 jul 2013

Nota polo accidente do Alvia en Santiago

     Desde as Xuventudes Socialistas de Ourense, nun momento tan duro, queremos transmitir o noso pesar polo accidente que tivo lugar onte, véspera do día do Apóstolo, as 20:42 h, do Alvia que cubría o traxecto Madrid-Ferrol, á altura do termo municipal de Santiago e que está a arroxar unha cifra cada vez maior de falecidos e de feridos, moitas e moitos moi xóvenes.

Enviarlle as nosas condolencias ás familias e desexarlle unha pronta recuperación aos feridos.