- As Xuventudes Socialistas de Ourense renovaron hoxe a súa comisión
executiva municipal nunha asamblea extraordinaria á que asistiron diversos
cargos orgánicos e institucionais do PSdeG
- José Antonio Novoa releva a Jonathan
Da Silva tras seis anos ao frente da agrupación.
Ourense, 14
de Decembro de 2013
Esta tarde celebrouse a asamblea local
das Xuventudes Socialistas de Ourense na que a agrupación local renovou a súa
executiva nun evento no que estiveron presentes, como invitados, diversos
cargos orgánicos e institucionais do PSdeG
A única candidatura presentada, e
votada unánimente en furna polos militantes que participaron na xuntanza, foi a
encabezada por José Antonio Nóvoa Fernández. O novo secretario xeral, que
sustitúe a Jonathan Da Siva tras seis anos ao frente da agrupación, ten 24
anos, estudia dereito e era o actual vicesecretario xeral; asemade, é
claustral na Universidade de Vigo e
membro do sindicato estudiantil XEO (Xóvenes Estudantes de Ourense), con ampla
respresentación nos órganos da facultade, especialmente, de Dereito, no Campus
de Ourense.
Durante a súa intervención, José
Antonio Novoa reafirmou ante os seus compañeiros e compañeiras o reto “de seguir defendendo todas as causas que
sean sinónimo de xustiza social. Pero hoxe a única causa, a única bandeira, que
temos que defender é a de tódolos nosos amigos que están na súa casa sen
traballo vendo como todo o sustento da súa familia é a pensión dun abuelo. Ou a
de tódolos amigos que tiveron que emigrar porque neste país non se lles
valoraba a súa intelixencia. Esas son hoxe as causas polas que temos que facer
política".
![]() |
José Antonio Nóvoa |
Pola súa banda, Carmen Rodríguez,
secretaria xeral da agrupación local do PSdeG en Ourense, abríu a xuntanza “agradecendo o traballo feito a anterior
executiva e insistindo na necesidade de sumar esforzos entre todos para manter
e gañar a confianza dos cidadáns que nos permita reeditar un gobernó de
progreso na nosa cidade.”
Na
xuntanza, á que tamén asistiron o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, o
secretario provincial do PSdeG Raúl Fernández, o coordenador comarcal Álvaro
Vila e as parlamentarias Laura Seara e María Quintas, tamén servíu para aprobar
o informe de xestión da executiva saínte e aprobar a delegación da agrupación
ao Comité Nacional das Xuventudes Socialistas de Galicia.