AS XUVENTUDES SOCIALISTAS
DE OURENSE DENUNCIAN SEXISMO NA CAMPAÑA ELECTORAL
DO PP
As Xuventudes Socialistas de Ourense queren mostrar o seu rexeitamento ó uso
sexista da imaxe da muller que o Partido Popular fai no seu programa
electoral na parte dedicada ós moz@s, ilustrando ó mesmo cunha imaxe na que
se reproduce unha fila de persoas, na súa maioría mulleres con pouca roupa e de
marcado carácter sexista.
Segundo o seu Secretario Xeral, José Antonio Nóvoa
Fernández, a imaxe “ademais dunha mostra de mal gusto, parece querer
representar unha versión edulcorada das filas do INEM froito das políticas
especulativas do PP”.
Tamén destacou Nóvoa que “esta é a imaxe que o Partido
Popular e Jesús Vázquez teñen da mocidade
Ourensá, e deixa patente a concepción
retrógrada da muller que teñen dende a dereita.”.