17 oct 2016

XUVENTUDES SOCIALISTAS DE OURENSE PIDE A DIMISIÓN DO PRESIDENTE DE NOVAS XERACIÓNS POR APOLOXÍA NAZI E FASCISTA.



As Xuventudes Socialistas de Ourense piden a inmediata dimisión do presidente de Novas Xeracións de Ourense, José Antonio PARENTE, polo vídeo que se está a facer viral difundido por “OKDiario”, no que sae o dirixente popular facendo o saúdo fascista ao berro de ¡Viva España! tendo de fondo o símbolo das SS nazis nun cartel que fai referencia á “noite dos coitelos largos” de 1934.  (axúntase capturas de pantalla do video).


Para as Xuventudes Socialistas de Ourense resulta  vergoñento que un dirixente popular, que ademais formaba parte das listas electorais do PP, faga tan gratuíta apoloxía do fascismo e do nazismo menosprezando e banalizando así a tódalas vítimas da ditadura.


O Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas, José Antonio NÓVOA, destaca tamén que Ourense é algo máis que mozos bébedos facendo o saúdo fascista e políticos ofrecendo  postos de traballo a cambio de favores sexuais. E lamenta a imaxe que se está dando do noso territorio ó resto do país.