30/05/2010

O NEGOCIADO DOS “PLANS PROVINCIAIS” DA DEPUTACIÓN DE OURENSE FAI UN MAILING TILDANDO A ZAPATERO DE “HIJO DE LA GRAN PUTA”

- Foi realizado en horario laboral, desde a conta de correo oficial e, presumiblemente, por un empregado da institución.

- As Xuventudes Socialistas de Ourense consideran que o presidente da institución provincial debe abrir unha investigación interna e adoptar as medidas oportunas.

O pasado xoves 20 de Maio, as 9:58 da mañá, foi enviado un mail masivo desde a conta de correo plans.provinciais@depourense.es – a conta oficial que, segundo o directorio da Deputación Provincial de Ourense, corresponde ó negociado dos “Plans Provinciais” -, que adxuntaba unha mensaxe en formato Power Point vilipendiando ó presidente do goberno, ó que se refire como “hijo de la gran puta”, ou no que é acusado de “regalar el dinero del país a los mariquitas de Zimbawe” ou de gañar eleccións “pactando con los asesinos de ETA”. “Un correo e unhas opinións que parecen gardar pouca relación co obxecto dos Plans Provinciais”- manifesta Jonathan Da Silva, Sº xeral das Xuventudes Socialistas.

No mail ó que tiveron acceso os xóvenes socialistas, aparecen reflexados sucesivos remitentes que participaron do que se converteu nunha cadea de mensaxes, sendo o remitente inicial, o propietario ou xestor da dirección citada. Asimesmo, chama a atención que na mensaxe inicial, na matriz, figure na parte inferior da páxina, a cláusula de confidencialidade que a Deputación, ó igual que as demais administracións, inclúen por defecto nos seus envíos e comunicacións oficiais vía Internet.

En canto autoría individual do envío, as Xuventudes Socialistas sospeitan que se trata de José Antonio Blanco Pérez. O presunto autor, concelleiro do Partido Popular en Esgos, é ,“como tantos concelleiros do Partido Popular”, dí Da Silva, traballador da Deputación e, concretamente, dos Plans Provinciais. Ademais, ten sido membro da Xunta de Persoal da Deputación en representación de CC.OO, “un deses sindicatos que, segundo o seu propio mail, están comprados por Zapatero”, apunta Da Silva con sorna, e ten formado parte do tribunal en múltiples procesos selectivos da institución provincial.

“De confirmarse a súa autoría, e tendo en conta que se trataría dun empregado público, que o correo foi enviado en horario de traballo, e mediante medios oficiais, resulta paradóxico e pouco consecuente,- sinala o responsable da organización,- que a mensaxe que difunde este señor remate exhortando :”Enviar a 10 personas, al menos que seas de los que está chupando del erario público”.


Á vista dos feitos, as Xuventudes Socialistas consideran urxente que a Deputación abra unha investigación interna para determinar a autoría do acontecido e adopte as medidas e sancións individuais que a Lei de Función Pública e o EBEP prevén para os empregados públicos. “De non facelo, di Da Silva, a Deputación estará confirmando como institución a súa responsabilidade e, polas particularidades do caso, empezaremos a pensar quen pretende mercar ós sindicatos”





29/05/2010

A Secretaría de Dinamización organizou unha baixada en rafting

A Sª de Dinamización das Xuventudes Socialistas de Ourense ven de organizar, co gallo do Maio Xoven, unha viaxe a Barcela (Arbo), para facer unha baixada en rafting de 9 Km entre Cerqueliños e Barcela polo río Miño. A actividade, que tivo un prezo de 10 € para cada asistente trala aportación da Casa da Xuventude de Ourense, transcorreu con total normalidade, máis alá dos sustos habituais neste tipo de divertimentos.



O grupo, dividido en dúas balsas con capacidade para 7 persoas, trazou un percorrido de dúas horas de duración no que, ademáis dos "rápidos" do río, poidemos desfrutar dunha paisaxe excepcional levando, á nosa esquerda Portugal, e a nosa dereita, España, debuxando unha fronteira natural marcada polas "pesqueiras" orientadas á captura da lamprea, moi típica no zona.

Esta actividade mantén a tradición que dende hai décadas ven mantendo a Agrupación Local de Ourense de, no Maio Xoven, organizar unha actividade de contido máis ben político, como foi o encontro entre Francisco Rodríguez e representantes do movemento asociativo da cidade, e outra de dinamización interna, aínda que tamén aberta a tódolos socios da Casa da Xuventude, como o foi esta.




20/05/2010

Faladoiro con Francisco Rodríguez polo Maio Xoven


Francisco Rodríguez destaca a necesidade de aproximar os políticos á sociedade

O Secretario Xeral da agrupación socialista ourensá participou esta tarde nun faladoiro con diversos colectivos sociais e culturais da cidade

O acto foi organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense con motivo do Maio Xoven

Ourense, 20 de maio de 2010.-
O Secretario Xeral da agrupación socialista de Ourense e alcalde da cidade, Francisco Rodríguez, participou esta tarde nun faladoiro con diversos colectivos sociais e culturais ourensáns, organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense con motivo do Maio Xoven.


Durante o acto, que tivo lugar na Casa da Xuventude, e que foi presentado polo Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense Jonathan da Silva, Francisco Rodríguez explicou que nun momento como o que estamos a vivir é máis necesario que nunca a aproximación entre os políticos e a sociedade.

Desta forma, resaltou a importancia de encontros como este e a operatividade de órganos como o Pacto Cívico, que facilitan a recollida de suxestións e inquedanzas dos cidadáns para tomar as decisións máis acertadas e corrixir as desigualdades sociais.

Acompañado da concelleira Marga Martín, o alcalde afirmou que para o seu goberno é obxectivo fundamental priorizar as políticas sociais para darlle cobertura aos máis necesitados.

Así, os representantes de distintas asociacións e colectivos sociais déronlle a coñecer ao alcalde a realidade na que viven co obxectivo de mellorar as accións de goberno a través dun achegamento á cidadanía.




13/03/2010

Os enchufados do PP


  • CARGOS ELECTOS DO PP OU FAMILIARES DIRECTOS QUE TRABALLAN OU TRABALLARON NOS ÚLTIMOS MESES NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE


    Esta información debe espertar a carraxe dos milleiros de ourensáns que están fóra desa rede, para unírmonos, "hixiéniza-la política da provincia" e acabar co esperpento case calabresco do PP ourensán.



    Alfonsín Gómez, María José Irmá candidata Cartelle

    Álvarez Álvarez, José Concelleiro Muíños

    Álvarez Cerqueira, Santiago Neto cargo relevante PP Entrimo

    Álvarez García, Rubén Candidato Muíños

    Álvarez González, Dositeo Ex – concelleiro Nogueira Ramuín

    Álvarez González, Eugenio Candidato A Teixeira

    Álvarez López, David Sobriño Concelleira A Teixeira

    Álvarez Lorenzo, José Ramón Fillo candidato Teixeira

    Álvarez Rodríguez, Manuel Candidato San Xoán de Río

    Álvarez Sousa, María Celia Sobriña tenente-alcalde de Cartelle

    Álvarez Vázquez, Jesús Candidato Calvos de Randín

    Ameijeiras Toro, Roberto Concelleiro Carballiño e Presid. NNXX

    Antelo Santos, María Dolores Candidata Carballiño

    Araujo Lemus, Víctor Manuel Concelleiro Baltar

    Arias Devesa, Manuel Candidato Verea

    Arias Devesa, Manuel Ex-concelleiro A Veiga

    Armada Pérez, José Antonio Alcalde Bande

    Aydillo Astorga, Antonio Irmán nora Presidente Deputación

    Babarro Fernández, Manuel Irmán candidato Paderne

    Baltazar González, Verónica Concelleira A Rúa

    Barbosa Martín, María José Ex- concelleira de Ourense

    Barrio López, Eva María Concelleira Riós

    Batista Seara, José Antonio Cuñado concelleiro Maceda

    Batista Seara, Josefa Cuñada concelleiro Maceda

    Batista Seara, Manuela Muller Concelleiro Maceda

    Batista Seara, Margarita Cuñada concelleiro Maceda

    Batista Seara, María Carmen Cuñada concelleiro Maceda

    Bizarro González, José Sobriño Concelleiro Parada de Sil

    Blanco Alonso, Ana Sofía Candidata Quintela de Leirado

    Blanco Iglesias, José Candidato Coles

    Blanco López, Elvira Irmá ex–concelleiro Castro Caldelas

    Blanco Pérez, José Antonio Concelleiro Esgos

    Boimorto Falcón, Anselmo Irmán Concelleiro Vilamarín

    Caballero Vázquez, Levi Efrén Xenro alcalde Vilamarín

    Cacharo Gosende, Francisco Fillo ex-presidente Deputación de Lugo

    Cádiz Rilo, Begoña Ex – nora Presidente Deputación

    Calviño García, Iria Filla ex- concelleiro Barbadás

    Campo Labrador, Ricardo Ex – concelleiro Ourense

    Candal Jarrín, Ignacio Santiago Irmán alcaldesa Vilamartín de Valdeorras

    Carballo Bouzas, Bernardino Concelleiro Baños de Molgas

    Carballo Fernández, Samuel Candidato A Teixeira

    Carballo Sampil, Ramón Candidato A Merca

    Caride González, Pilar Monserrat Concelleira Carballiño

    Carpintero Vázquez, María Dolores Filla ex – alcalde Cortegada

    Carrajo, Rosa Executiva PP Verín

    Carreño González, Silvia Concelleira Parada de Sil

    Carrera Carballo, Rosa Ex – concelleira Maceda

    Casal Enríquez, Carmen María Parella fillo alcalde Xinzo

    Casas Cabido, Monserrat Candidata Xunqueira de Ambía

    Casas Iglesias, Pilar Candidata Maceda

    Castiñeiras Rois, Carlos Ex – presidente Novas Xeracións PP

    Castro Castro, Alberto Jesús Candidato Coles

    Cerdeira Lorenzo, Manuel Concelleiro Irixo

    Cibeira Rodríguez, José Ex-concelleiro Piñor

    Cid Cid, Domingo Irmán Concelleiro Allariz

    Cid Cid, Javier Candidato Allariz

    Cid Delgado Rubén Irmán candidata Maceda

    Cid Rodríguez, Ana Isabel Candidata Celanova

    Cid Rodríguez, Ángel Candidato Sarreaus

    Conde Seco, José Luis Irmán Concelleira Cea

    Conde Seco, María del Mar Concelleira Cea

    Contreras, Sonia Executiva PP Verín

    Cortés Pacios, Miguel Irmán candidato Nogueira de Ramuín

    Corzo Rodríguez, Adolfo Vicente Fillo alcalde O Bolo

    Costa García, Emilio José Concelleiro Castrelo do Val

    Costela López, Emilia Candidata Castro Caldelas

    Cudeiro Mazaira, José Jesús Ex-xefe do Servizo Provincial Urbanismo

    Dacal Pavón Lucía Concelleira Vilamarín

    De la Iglesia Rodríguez, Ana María Candidata Esgos

    Delgado Garrido, Pío Candidato Baños de Molgas

    Diéguez Covelo, Juan Manuel Candidato Cenlle

    Diz Salgado, Esther Candidata Monterrei

    Domínguez Gómez, Alfredo Irmán candidato A Teixeira

    Domínguez Gómez, Ramiro Concelleiro A Teixeira

    Donis Carbajales, José Antonio Irmán candidato A Bola

    Donis Carbajales, Ricardo Candidato A Bola

    Dosantos Lago, César Candidato A Gudiña

    Enríquez Feijóo, Juan Manuel Candidato Xinzo de Limia

    Estévez Diéguez, Fermín Carlos Candidato Entrimo

    Estévez Durán, Julia Candidata Ribadavia

    Estévez González, Raúl Candidato Vilamarín

    Estévez Rodríguez, Francisco Javier Candidato Baltar

    Expósito Pérez, María Luz Sobriña ex-concelleiro Ribadavia

    Fariñas Álvarez, Elvira Muller Concelleiro Arnoia

    Feijóo Méndez, Francisco Javier Fillo Alcaldesa Sandiás

    Fernández Álvarez, Corona Candidata Petín

    Fernández Barja, Camilo Concelleiro Manzaneda

    Fernández Bouzo, José Enrique Candidato Baños de Molgas

    Fernández Cabido, Francisco Irmán Concelleiro Xunqueira de Ambía

    Fernández Dacal, Alberto Concelleiro Vilar de Santos

    Fernández de la Fuente, María del Carmen Candidata Cea

    Fernández Fernández, Gloria Muller alcalde de A Merca

    Fernández Fernández, Juan Carlos Concelleiro Ribadavia

    Fernández Fernández, Juan José Fillo Concelleiro San Cibrao

    Fernández Fernández; José Luis Fillo membro executiva PP Barco

    Fernández Figueiral, Javier Candidato Amoeiro

    Fernández López, Esther Candidata Pereiro de Aguiar

    Fernández Moreiras, María Luisa Candidata Carballeda de Avia

    Fernández Núñez, Manuel Candidato Rubiá

    Fernández Pérez, Nieves Nai Concelleira Parada de Sil

    Fernández Prieto, Manuel Concelleiro Toén

    Fernández Rodríguez, Cristina Ex – delegada

    Fernández Rodríguez, José Julio Candidato Nogueira de Ramuín

    Fernández Veiga, Antonio Concelleiro Xinzo de Limia

    Fernández Veleiro, Alfredo Ex-concelleiro Carballiño

    Ferreira Vázquez, Jónatan Candidato Ourense

    Ferreiro Chao, Ramón Candidato Leiro

    Ferreiro Feijóo, Felipe Ex – delegado

    Ferreiro Fernández, Manuel Candidato Rairiz de Veiga

    Formoso Coello, Francisco Javier Candidato Esgos

    Formoso Montero, Emilio Candidato Ourense

    GagoLaza, Ana María Executiva PP Verín

    Galindo González, José Eugenio Ex – alcalde Nogueira de Ramuín

    García Pregigueiro, María del Pilar Candidata Carballiño

    Gil Blanco, Eligio Concelleiro Cualedro

    Gil Blanco, Manuel Irmán Concelleiro Cualedro

    Gil Sanmamed, Eligio Concelleiro Cualedro

    Girón Vélez, Carmen Belén Ex – concelleira Ourense

    Gómez Álvarez, Francisco Concelleiro en Sarreaus

    Gómez Blanco, Carlos Candidato Xunqueira de Espadañedo

    Gómez Fernández, Antonio Candidato A Porqueira

    Gómez Iglesias, Beatriz Concelleira Sarreaus

    Gómez Nogueiras, Roberto Carlos Concelleiro Vilar de Santos

    González Caiña, Marta Candidata Carballiño

    González Caneiro, Javier Ex – candidato Castro Caldelas

    González Feijóo, Julio Candidato A Teixeira

    González Fernández, José Concelleiro San Cristovo de Cea

    González González, José Ramón Candidato Castro Caldelas

    González González, María Belén Concelleira Lobios

    González González, María del Carmen Candidata Cualedro

    González Morán, Marta Filla Prensa Deputación e axente PP

    González Pérez, Ana Jovita Candidata Cenlle

    González Pérez, Teresa Filla ex – concelleiro Carballeda de Avia

    González Rial, María Teresa Candidata Carballeda de Avia

    González Rodríguez Lorenzo Candidato Carballeda de Avia

    González Rodríguez, Carmen Muller Concelleiro Maside

    González Silva, Blanca Isabel Irmá candidato Maceda

    González Teixeira, María Luisa Concelleira Sandiás

    González Vázquez, José Luis Candidato Nogueira de Ramuín

    González Yáñez, Álvaro Fillo ex-secretario Deputación

    González Yáñez, Miguel Fillo ex-secretario Deputación

    González Yáñez, Tomás Benito Fillo ex-secretario Deputación

    González, Manuel Marido concelleira Celanova

    Grande Salgado, José Candidato Taboadela

    Guede González Jesús Cuñado ex-concelleiro Esgos

    Guede Romero, María Isabel Candidata Castro Caldelas

    Guzmán Rodríguez, José Ramón Candidato Vilamarín

    Iglesias Nogueira, Alberto Fillo alcaldesa San Cibrao

    Iglesias Rodríguez, David Candidato Entrimo

    Jácome Fernández, Eugenio Irmán candidato Parada de Sil

    Justo Barreira, Francisco Candidato Vilardevós

    Justo Justo, Sonia Candidata Cualedro

    Justo Sánchez, José Concelleiro Cualedro

    Leyenda Gómez, Almudena Candidata Rairiz de Veiga

    Limia Fernández, José Francisco Concelleiro Rairiz de Veiga

    López Blanco, Amalia Candidata Vilamarín

    López Fernández, María del Pilar Candidata A Bola

    López Opazo, Celia Candidata Trasmiras

    López París, Marcos Candidato Larouco

    Lorenzo González, Miguel Ángel Candidato Pontedeva

    Lorenzo, Carlos Fillo Presidente PP Rairiz de Veiga

    Lozano Lozano, Francisca Concelleira Trasmiras

    Martínez Abal, María Candidata Ribadavia

    Martínez González, Luis Concelleiro Montederramo

    Martínez Martínez, Miguel Ex-concelleiro Carballeda de Avia

    Martínez Rodríguez, Carlos Xenro ex-alcalde Cortegada

    Martínez, Héctor Neto ex-alcalde Carballeda de Avia

    Masid Pérez Susana Filla concelleiro Ourense

    Mera González, Manuel Irmán Candidata Vilamarín

    Mojón Costela, Fernando Irmán ex - nora Presidente Deputación

    Mojón Costela, Olga Ex - nora Presidente Deputación

    Mota Lodeiro, José Manuel Fillo ex-concelleiro Bande

    Mota Machado, José Ex-concelleiro Bande

    Mota Machado, Manuel Irmán ex-concelleiro Bande

    Mouriño González, Fernando Sobriño Alcalde Celanova

    Nogueiras Quintas, Celso Candidato Rairiz de Veiga

    Novelle Rodríguez, María del Carmen Muller alcalde A Peroxa

    Núñez Barba, Agustín Concelleiro Barco de Valdeorras

    Núñez Carnero, José Luis Candidato Monterrei

    Núñez Fernández, María Teresa Candidata Rubiá

    Núñez González, José Concelleiro Baños de Molgas

    Ojea Ureña, Elier Ex – delegado

    Otero Cano, Rubén Candidato Punxín

    Papa, Jessica Executiva PP Verín

    Paz González, Perfecto Ex – candidato Lobios

    Paz Taín, Diego Concelleiro Verea

    Pazos Ojea, Emilio José Alcalde Trasmiras

    Pereira Conde, Luis Ex – concelleiro Amoeiro

    Pérez Belmonte, Ana Belén Irmá candidata Esgos

    Pérez Belmonte, Margarita Candidata Esgos

    Pérez González, Ernesto Alcalde San Amaro

    Pérez López, Óscar Candidato A Merca

    Pérez Nieto, Manuel Valentín Fillo ex - alcalde San Amaro

    Pérez Pereira, Lara Filla alcalde Padrenda

    Pérez Pereira, Nicolás Fillo alcalde Padrenda

    Pérez Pérez, Prudencio Candidato Lobios

    Pérez Rodríguez, Marta María Ex – concelleira Nogueira Ramuín

    Pérez Santos, David Fillo ex –alcalde Coles

    Pérez Santos, Pedro Manuel Fillo ex – alcalde Coles

    Pérez Vidal, María José Concelleira San Cristovo de Cea

    Plaza Rodríguez, José Luis Afillado ex-alcaldesa Cualedro

    Pousa Santamaria, María del Carmen Candidata Beade

    Prada Galloso, Alfonso Executiva PP Barco de Valdeorras

    Prada Sierra, María del Carmen Candidata Ourense

    Prado López, María del Carmen Filla ex - delegado

    Prado López, Miguel Candidato Ourense e fillo ex – delegado

    Presas Mazorra, María Dolores Irmá Candidato Coles

    Prieto Álvarez, Gena Candidata Maside

    Prieto Domínguez, Adolfo Candidato Manzaneda

    Prieto García, Juan Carlos Fillo ex – alcalde Viana do Bolo

    Prieto Martínez, José Concelleiro A Veiga

    Prol Casas, Francisco Candidato Xunqueira de Ambía

    Quintairos Calviño, José Manuel Candidato Allariz

    Quinteiros, José Xenro concelleiro Cualedro

    Raña Martínez, Ramón Ex – concelleiro Carballeda de Avia

    Reina González, José Luis Candidato Maceda

    Rivera Rodríguez, José Luis Candidato Verín

    Rivero Cuquejo, Raquel Irmá alcalde de Cualedro

    Rivero Méndez, Juan Manuel Marido Concelleira Sandiás

    Rivo López, Elena Ex – concelleira de Ourense

    Rodríguez Alonso, Benito Concelleiro Muiños

    Rodríguez Carballo, Manuel Ex – alcalde Maceda

    Rodríguez Conde, Manuel Candidato Vilar de Santos

    Rodríguez Cortés, Floreano Concelleiro Vilamarín

    Rodríguez Dacosta, Marcos Concelleiro Porqueira

    Rodríguez Dobaño, José Concelleiro A Porqueira

    Rodríguez Dosouto, Gonzalo Fillo ex – presidente PP Barco

    Rodríguez Dosouto, Sonia Filla ex – presidente PP Barco

    Rodríguez Fernández, José Luis Candidato Piñor de Cea

    Rodríguez Fernández, Manuel Concelleiro Cartelle

    Rodríguez Fuentefría, Isaac Irmán candidato Nogueira de Ramuín

    Rodríguez Fuentefría, Luis Irmán candidato Nogueira de Ramuín

    Rodríguez Gómez, Robert Elvis Fillo tránsfuga Castro Caldelas

    Rodríguez González, Antonio Concelleiro Bande

    Rodríguez González, José Manuel Primo Concelleiro Esgos

    Rodríguez González, Manuel Primo Concelleiro Esgos

    Rodríguez González, Monserrat Muller portavoz Carballiño

    Rodríguez Higuero, Lorena Filla alcalde Lobeira e candidata

    Rodríguez Martínez, Manuel Concelleiro Sarreaus

    Rodríguez Matías, Juan Carlos Concelleiro Ramirás

    Rodríguez Méndez, Fernando Antonio Ex-xefe Prensa PP Ourense

    Rodríguez Núñez Luis Irmán alcalde Rubiá

    Rodríguez Núñez, Elías Alcalde Rubiá

    Rodríguez Pereira, Natalia Concelleira Entrimo

    Rodríguez Pérez, Francisco Concelleiro Cualedro

    Rodríguez Rodríguez, Camilo José Concelleiro Esgos

    Rodríguez Rodríguez, Camilo Concelleiro Nogueira de Ramuín

    Rodríguez Rodríguez, Dario Ángel Irmán concelleira Carballiño

    Rodríguez Rodríguez, Manuel Ángel Fillo ex-alcalde Esgos

    Rodríguez Rodríguez, Manuel Concelleiro Muíños

    Rodríguez Rodríguez, María Ilda Candidata Beade

    Rodríguez Rodríguez, Noemí Filla ex-alcalde Esgos

    Rodríguez Rodríguez, Rosa Mary Concelleira Sarreaus

    Rodríguez Vázquez, Eva María Candidata Xinzo de Limia

    Rodríguez Vázquez, María Hortensia Candidata Entrimo

    Rodríguez Vences, Josefa Concelleira Baños de Molgas

    Rodríguez, María Dolores Muller alcalde Xinzo de Limia

    Rodríguez-Nóvoa González, Francisco Jav Concelleiro Ourense

    Rodríguez-Nóvoa González, José Ramón Irmán concelleiro Ourense

    Ruído Baltar, José Candidato Baños de Molgas

    Saavedra Martínez, Serafín Concelleiro Carballeda de Avia

    Salgado Iglesias, Antonio Candidato Vilar de Barrio

    Sánchez Raña, Francisco Irmán candidata Carballeda de Avia

    Santas González, Vitalino Ex – concelleiro Xunqueira Espadañedo

    Seara Grande, Aurora Irmán candidata A Merca

    Sequeiros Cid, María Del Carmen Muller concelleiro Nogueira Ramuín

    Sierra Yáñez, José Manuel Fillo alcalde Vilariño de Conso

    Sobrino Rodríguez, José Luis Concelleiro Leiro

    Sotelo Bugallo, María Manuela Candidata San Xoán de Río

    Sotelo, Celso Fillo ex-concelleiro Ribadavia

    Soto Álvarez, José Candidato Nogueira de Ramuín

    Soto Martínez, Raúl Ex - concelleiro Nogueira de Ramuín

    Sousa Seara, Dario Irmán concelleiro Cartelle

    Sousa Seara, Jaime Concelleiro Cartelle

    Sousa Seara, José Benito Irmán concelleiro Cartelle

    Sousa Sousa, Pamela Filla concelleiro Cartelle

    Suárez Martínez, José Luis Fillo alcalde Monterrei

    Sulleiro Lema, Diana Candidata Punxín

    Trapote González, María Blanca Candidata Ourense

    Trigás, José Manuel Xenro alcalde Celanova

    Trigo González, Sonia Concelleira A Bola

    Troncoso Álvarez, Jaime Marido ex-concelleira Carballeda Avia

    Ucha Nóvoa, Guadalupe Irmá candidata Vilamarín

    Valladares Caride, Alberto Fillo Alcalde de Cea

    Valladares Caride, Raquel Filla alcalde Cea

    Varela González, Jesús Miguel Fillo ex-concelleira Montederramo

    Vázquez Álvarez, Albino Candidato Lobios e primo ex – alcalde

    Vázquez Castro, José Luis Candidato Cortegada

    Vázquez Fernández, Ramiro Concelleiro Melón

    Vázquez Prieto, Eloy Candidato Riós

    Vázquez Rodríguez Óscar Candidato Amoeiro

    Vázquez Vázquez, Ramón Concelleiro Carballeda de Avia

    Vila Barrio, Gil Candidato Allariz

    Vila Barrio, Manuel Irmán Candidato Allariz

    Vila Conde, José Candidato Taboadela

    Viso Touza, Susana Candidata Esgos

    Yáñez López, Jonatán Ex-secretario deportes Novas Xeracións

    Yebra Ferro, Susana María Candidata Allariz

07/03/2010

UN BRASILEIRO, UNHA SANTIAGUESA E UN LEONÉS, GAÑADORES DO “XUVENTUDES UNPLUGGED”

  • O cantautor brasileiro Gustavo Almeida gaña o "Xuventudes Unplugged"

Ourense, 7 de Marzo de 2010. Onte pola noite tivo lugar na sala ourensá “La Bolera”, o certame de cantautores e cantautoras “Xuventudes Unplugged, organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense e a Secretaría Provincial de Igualdade do PSdeG-PSOE para conmemorar o Día da Muller, e que contou coa colaboración da Casa da Xuventude.

Nun acto que contou coa asistencia dun centenar de persoas, foron catorce as cancións que optaron a levarse o premio. Asemade, durante o evento, houbo tamén un recitado de poemas ofrecido polos membros do Círculo Poético Orensano.

O xurado estivo composto por Manuel Carballo (músico), Paco Sarria (locutor de Onda Cero), Sandra Dacal (locutora do programa “Banda Aparte” de Radio Allariz), Cristina Asenjo (da Marcha Mundial das Mulleres), Rosa González (da Casa da Xuventude), María González (do Círculo Poético Orensano) e por Patricia Nogueira (secretaria de Igualdade do PSdeG).

O criterio que se seguíu para escoller ós vencedores foron a calidade artística por unha parte, e a pertinencia das letras coa temática do certame por outra.

Finalmente, Gustavo Almeida, cantautor natural de Río de Janeiro e fillo da tamén recoñecida cantante Ellen de Lima, acadou o primeiro premio coa canción “Si tú quieres”, que forma parte do seu segundo album La Cabaña”.

O segundo premio foi para Iria Figueroa, integrante do dúo pop santiagués, La Edad Prohibida, coa canción “Hoy lo volveré a intentar”; e o terceiro para o cantautor leonés Alfonso Salas, finalista e gañador de diversos certames en toda a xeografía española como o “X Certamen Ciudad de Melilla de cantautores”, que realizou unha orixinal performance para interpretar a súa canción “Desdibujando” (imaxe inferior).



A entrega de premios foi oficiada pola secretaria de Igualdade do PSdeG en Ourense, Patricia Nogueira, que nunha breve intervención fixo referencia ós avances en materia de Igualdade dos gobernos de Zapatero e Touriño, e manifestou que, “porén, como sociedade, aínda queda moito por percorrer, e trasladar o principio da igualdade e a importancia do respeto mediante vehículos tan axeitados como os diferentes tipos de expresión artística é unha boa forma de sensibilizar ó conxunto da cidadanía”.



18/02/2010

“SEN PADRIÑOS”, A NOVA CAMPAÑA DE AFILIACIÓN DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE OURENSE

Usan a imaxe de “O Padriño”, baixo un símbolo de prohibición, para achegarse a aqueles xóvenes asqueados coa dinámica caciquil da provincia

“¿Farto de que en Ourense faga falta padriño para todo?”; así encabezan as Xuventudes Socialistas de Ourense a súa nova campaña de afiliación que veñen de iniciar hoxe. Unha campaña que conta para a súa difusión con cartazos, panfletos e postais dixitais, así como un grupo no Facebook, presididos por unha ilustración na que aparece Marlon Brando (“El Padrino”) baixo un símbolo de prohibición, e co eslogan “NON TE RESIGNES. AFÍLIATE” sobre o logotipo da organización xuvenil do PSOE.

Con este concepto os xóvenes socialistas intentan abrir a porta da política a aqueles mozos e mozas que caen na resignación ante “a institucionalización do caciquismo como sistema político da provincia”, segundo sinala o secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva,
e vai orientada a alumnos de secundaria, universitarios e xóvenes traballadores, sendo os únicos requisitos para afiliarse ás Xuventudes Socialistas ter menos de 25 anos e “ganas de rachar coa dinámica actual”.

No texto dos dípticos, a organización xuvenil fala de que a dereita “fai virtude do escaso desenvolvemento da provincia e da falta de opcións para mercar simpatizantes e manterse nunha democracia cautiva” pero, sinalan tamén, que nunha provincia de máis de 300.000 habitantes, “soamente hai pastel para uns poucos, e se o resto non nos resignamos e nos movemos, podemos cambiar unha realidade na que parece que hai que ter padriño para todo, e na que padriños e priviliaxiados actúan impúnemente”.

Por último, explica Da Silva, que escolleron este momento para o lanzamento da campaña e para dar un impulso á militancia socialista “por dous factores moi singulares: a proximidade das elección municipais, e a necesidade de ofrecer ós xovenes ourensáns unha alternativa optimista en contraste co lamentable continuísmo da dinastía caciquil ourensá que concibe nun militante, un súbdito, un número para gañar batallas intestinas e manter o chiringuito”

07/02/2010

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O “XUVENTUDES UNPLUGGED”


- As Xuventudes Socialistas organizan un certame de cantautores que terá lugar o sábado 6 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o día 8 do mesmo mes.


Ourense, 8 de Febreiro de 2010; Dende hoxe, e ata o vindeiro 26 de febreiro, está aberto o prazo de inscrición para o certame de cantautores “Xuventudes Unplugged”, consurso de cantautores que organizan as Xuventudes Socialistas de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller, coa finalidade de subliñar a importancia de poñer a Igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres na axenda dos creadores artísticos, e así aproveitar a capacidade da música, e da arte en xeral, para sensibilizar ó conxunto da poboación e, especialmente, ós máis xóvenes.

O certame, que conta coa colaboración da Secretaría Provincial de Igualdade do PSdeG e da Casa da Xuventude de Ourense, terá lugar na sala La Bolera (na zona do Campus de Ourense) o sábado 6 de marzo, estando aberto á participación de calquera persoa que o desexe, sempre e cando as letras das cancións estean escritas en galego ou en castelán e a súa temática verse – coa razoable flexibilidade que permite a lírica- sobre a Igualdade entre mulleres e homes.

O xurado estará composto por persoeiros da cultura e dos medios de comunicación e será presidido, con voz pero sen voto, pola Secretaria de Igualdade do PSdeG, a recentemente nomeada directora do Instituto da Muller, Laura Seara Sobrado.


Inscrición

Os interesados deberán remitir, antes do 26 de febreiro, copia por cuadriplicado das letras das cancións, xunto cos seus datos persoais e teléfono de contacto a:
“Sede do PSdeG, r/Ribeira de Canedo nº 24, CP: 32001,Ourense”; ou ben envialas ó mail: comunicacionxuventudes@gmail.com


Premios

Haberá un primeiro premio de 500 € en metálico para o gañador; e un segundo e terceiro premio de 250€ e 100 €, respectivamente, en material musical a escoller polos gañadores en calquera establecemento con domicilio fiscal en Ourense.


Bases

Para consular as bases completas do concurso fai click no seguinte enlace:





11/01/2010

"The born of Minimí"




AS XUVENTUDES SOCIALISTAS TILDAN DE “MERCADILLO” O CONGRESO DO PP

. Consideran que “uns adícanse a cobrar os favores feitos, e outros a vender os que están por facer”.
. Para denunciar o “clientelismo inherente á dereita provincial” veñen de colgar unha video-montaxe caricaturesca na Internet
.

Ourense, 12 de Xaneiro de 2010


As Xuventudes Socialistas de Ourense denuncian en comunicado público o escándalo político que está a trascender en torno ó Congreso do PP ourensán, proceso que consideran “absolutamente respetable de non ser porque parece haber unhas interferencias sustanciais entre o funcionamento interno do Partido e as administracións públicas gobernadas polos seus responsables”

En palabras do secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva, o pre-congreso dos Populares “parece máis un mercadillo onde uns cobran os favores feitos e outros venden os que están por facer; e intúese con certa claridade que uns pretenden instrumentalizar a Xunta de Galicia e outros a Deputación Provincial para persuadir á clientela”.

Os xóvenes socialistas calificaron tamén de “cínica” a indignación que, agora, manifesta Jimenez Morán ante as “estratexias clientelares e presións do baltarismo, que non difiren en nada das que veñen levando a cabo na provincia durante anos, non so coa súa connivencia, senón coa súa participación activa”.


“The born of Minimí”

Como ven sendo habitual por parte das Xuventudes, tamén nesta ocasión buscaron un xeito distendido de facer reflexionar ós máis xóvenes ante as circunstancias que denuncian. Desta volta, tomando como base algunhas das escenas do filme “Austin Powers” en versión orixinal, e traducidas mediante subtítulos dunha “sospeitosa rigorosidade”, xeneran unha video-montaxe na que o Sr. Baltar, representado polo Dr. Evil, prepara o plan definitivo para garantir a continuidade dinástica pese as inxerencias de Nuñez Feijoo; voltar nunha máquina do tempo ó congreso no que “Feijoo Powers” foi escollido presidente do PP, acompañado do seu clon “Minimí” (J.M. Baltar), coa intención de presentarse para suceder a Fraga pactando con Barreiro e así adiantarse ás barreiras que está a atopar o seu fillo ante o Congreso provincial de 2010. Entre medias, a ameaza dunha maioría que pende dun simple parlamentario, porá a Feijoo na encrucillada. O desenlace, o 30 de Xaneiro.

18/12/2009

Auria 2020

O Circulo Poético Orensano presentou onte, día 17 de decembro, unha proposta extraordinaria de expasión cultural, turística, artística e económica para a cidade das Burgas.

Esta proposta denominase "Auria 2020" e ten por obxeto que a nosa cidade sexa a Capital Europea da Cultura no ano en que se cumprirá o centenario da aparición da Xeración Nós.

No acto, que foi apoiado institucionalmente pola
presencia do alcalde de Ourense Francisco Rodriguez, o Vicepresidente do Circulo Poético Orensano, Javier González, o secretario do mesmo,José Antonio Santos, e José Ramón Fernández Morgade, fixeron unha análise dos alicerces do proxecto, das potencialidadese das carencias da cidade e dos pasos a seguir para conquerir que Auria 2020 sexa unha realidade.


Por parte das Xuventudes Socialistas de Ourense estiveron arropando o acto o Secretario Xeral da formación, Jonathan Da Silva, a Vicesecretaria Xeral, Antía García, o Secretario de Organización, Juan Carlos Vila e o compañeiro, tamén responsable de AGLET, José Manuel Montero.

16/12/2009

VISITA DO COORDINADOR GALEGO DO GRUPO LGTB DO PSdeG-PSOE A OURENSE

O xoves 10 de decembro tivo lugar a primeira visita de Fito Ferreiro, Coordinador Galego do Grupo LGTB do PSdeG-PSOE, acompañado por Juan Carlos Beceiro a Ourense na que tiveron lugar diversos encontros con representantes institucionais e políticos para trasladarlles as nosas propostas.

O primeiro foi a maña ca Concelleira de Benestar e representante do Grupo Municipal Socialista de Ourense, Marga Martín. Nese encontro trasladouselle a necesidade de proceder a creación dos servizos de mediación e intervención lgtb
(adxuntandolle informes técnicos) así como a
de facer unha actividade en Ourense similar
o "Coruña visible" entre outras cousas.

O segundo encontro foi cos medios na sede socialista as cinco da tarde na que intervimos, a Secretaria de Igualdade da Executiva Provincial do PSdeG de Ourense, Patricia Nogueira, Fito Ferreiro e eu, como Coordinador Provincial do Grupo LGTB do PSdeG en Ourense.

A primeira (Patricia Nogueira) enmarcou os logros acadados por gobernos progresistas ca marca dos socialistas neste país.

O segundo pola contra fixo un chamamento a aqueles titeres do PP que presumen de ser tan amigos deles (dos do PP) e non lle piden que retiren o vergoñento recurso interposto perante o Tribunal Constitucional.

Por último eu resaltei as actividades feitas por o Grupo LGTB socialista galego como ó I Xantar pola Visibilidade Rural e a intención de repetilo o ano que ven en Ourense, xa que o primeiro fixose na localidade lucense de Monterroso. Así como a intención de seguir percorrendo as Agrupacións socialistas locais da provincia de Ourense en busca de apoio para o Grupo LGTB. Ademais da posibilidade de facer actividades similares o Coruña visible.

E a última reunión foi ca Agrupación de Xuventudes Socialistas de Ourense, na cual trasladamoslle o seu titular, Jonathan Da Silva, as propostas do Grupo LGTB socialista con respecto a mozidade e a intención de repetir o reparto de preservativos en vindeiras edicións do Día Mundial na Loita Contra o SIDA conxuntamente.