23 dic 2013

COBRO DO PREMIO DA LOTERÍA DE NADAL

Onte, 22 de Decembro, no sorteo de Nadal da Lotería Nacional, resultou premiado coa terminación do premio gordo, o número que xogabamos nas participacións vendidas pola agrupación local de Xuventudes de Ourense. A cantidade xogada por cada unha das participacións era de catro euros, xa que dos cinco que custaban, un era a modo de donativo para a agrupación. O premio por acertar a terminación é de seis euros por euro xogado, así que faría unha suma de vinte e catro euros por participación.

Para facilidade de todos, a partir de hoxe , poderanse cobrar os premios directamente na sede do PSdeG en Ourense, sita na rúa Ribeira de Canedo nº 24, presentando as participacións debidamente numeradas, de luns  a venres en horario de 9 a 13 h, e de 17 a 20 h, ademáis os xoves o horario extenderase até ás 9.30.

Moitas gracias por participar!