11 sept 2011

Xuventudes Socialistas de Ourense elixe nova Executiva


· Onte reuniuse, en sesión ordinaria, a Asemblea da organización, sendo a única candidatura prevista a encabezada polo actual Secretario Xeral, Jonathan Da Silva.

Da Silva amósase satisfeito de que as Xuventudes Socialistas “sigan sendo unha escola da valores e non, coma outras, unha escola do mercadeo”, e califica o 15-M de “Bendición para a política”.


Ourense, 11 de Setembro de 2011, 11:30h.


Na tarde de onte, na Casa da Xuventude de Ourense, celebrouse a reunión ordinaria da Asemblea de Xuventudes Socialistas de Ourense na que, como cada dous anos, a Agrupación Local renovou seus principais órganos: a Executiva e a delegación ao Comité Nacional.

A única candidatura que optou á Executiva foi a encabezada polo actual secretario xeral, Jonathan Da Silva.

Da Silva, de 26 anos, militante de Xuventudes Socialistas dende 1999, ocupa a Secretaría Xeral dende finais do 2007, e opta agora a iniciar un terceiro mandato “agradecido aos extraordinarios compañeiros e compañeiras que, co seu comportamento e compromiso, íntegro e desinteresado, fan de Xuventudes Socialistas unha organización á que é un orgullo pertencer, e que pode mirar á cara aos xóvenes da provincia para falarlles de dereitos, de igualdade e de xustiza”, en palabras de Da Silva, quen afirma tamén que “a nosa é unha escola da valores, outras –afirma referíndose ás organizacións xuvenís de PP e BNG– son escolas do mercadeo, que reproducen tódolos vicios dos seus maiores”.

Con respecto á situación actual, o candidato á reelección, valora como unha “bendición para a política” o movemento do 15-M, xa que, explica, “abriu unha canle de comunicación entre a política e os xóvenes que está permitindo sumar ideas e abrir unha reflexión profunda e necesaria para as organizacións políticas; ademais, que comezase en España é fabuloso”.



Candidatura elexida:



Sº Xeral:

Jonatan Da Silva Vecino


ViceSº Xeral e Sº de Emancipación:

Isaac López Rey


Sº de Organización e Universidade:

José Antonio Nóvoa Fernández


Sª de Igualdade:

Irina Fernández Fernández


Sº de Política Social e Relacións Institucionais:

Ángel Gómez Pazos


Sª de Ensino non Universitario:

Thais Santos Bravo


Sº de Formación:

Juan Carlos Vila Sarandeses


Sª de Dinamización:

Andrea Carballo Nóvoa


Sº de Comunicación e Movementos Sociais:

José Manuel Montero López


Sº de Política Reivindicativa:

Pablo Cid Couce


Sª de Prensa e Actos:

Olalla Vázquez Pérez


Sº de Medio Ambiente e Cultura:

Rodrigo Cardama García