24 oct 2011

O desgoberno do goberno do Pp, por José Manuel Montero

Tras a presentación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma Galega, temos as/os galegas e galegos o gusto ou mellor dito o desgusto de asistir o esperpento de todolos anos, cheos de recortes e mais recortes en todolos pilares que sustentan o Estado do Benestar como é a sanidade, a dependencia, a educación e un longo etc...

Pero a resposta de indignación fronte a estas actitudes por parte da cidadanía non se fai esperar. Asi aconteceu o pasado martes 18 de outubro, manifestándose a cidadanía ourensá e, con ela, Xuventudes Socialistas de Ourense, polos recortes educativos. Cabe sinalar que a actual Xunta de Galicia recortou mais de 200 millóns de euros na calidade da educación pública por medio dos “tijeretazos” que lle meteu dende que comezou a gobernar en Galicia de novo o Pp cá mal chamada austeridade.

Esa mesma resposta repetiuse o xoves 20 cando a cidadanía volveu por enésima vez demandar a Xunta que paralice a política de chiste que esta a facer cá sanidade, recortes o igual que en educación, de mais de 200 millóns de euros e inminente privatización dos servizos sanitarios por medio da liberalización dos mesmos. Esta é a política de sanidade do Pp en España e en Galicia. Facer negocio a conta dun asunto tan delicado como é a sanidade pública.

E para mais inri e rematar a pasada semana, e as anteriores, cunha oleada de incendios arrecia en Ourense por todolos recunchos e o Presidente da Xunta facendo campaña electoral en Arxentina e Uruguay, o Delegado Territorial da Xunta en Ourense (máximo responsable da Xunta de Galicia en Ourense) vendo futbol no Bernabeú en Madrid, alcaldes do Pp nunha situación de emerxencia de viaxe, algún en Canarias e sen intención de voltar. E Xuventudes Socialistas de Ourense preguntanse; ¿esto é seriedade ou mofarse dos cidadáns na súa cara?. E para acabala de rematar o Pp di que quere Gobernar España despois dos desgobernos autonómicos que tén.


José Manuel Montero.
Sº de Comunicación e Movementos Sociais da ALXS de Ourense