28 oct 2011

Os autenticos doberman do público

Algúns ou algunhas dos/das que teñan a memoria moi fresca seguramente lembrase daquela campaña das autonómicas galegas nas que o Pp da man de Núñez Feijóo voltaba a Xunta tras derrocar, digo derrocar porque foi un ataque o bipartito día e noite constante e continuado, cunhas propostas alternativas plasmadas no “Contrato con Galicia” asinado por Feijóo nesa campaña. Propostas que a día de hoxe corroboran que no só Galicia esta peor do que podía estar entón senon que esto aínda se pode por mais feo.

Con Núñez Feijóo esta tan fea a cousa que durante o seu mandato o único emprego que creou foi o que destruiu, pecháronse camas de hospitais, reducironse servizos médicos, atacouse o ensino público ademáis da nosa lengua, dironse xa os primeiros escandalos polo mal uso dos fondos públicos (caso Igape) e algún outro a maiores. E todo o anterior leva o membrete do Partido popular.

Este partido que a día de hoxe nunhas eleccións importantisimas coma son as Xerais. Non dixeron nada de nada, fume foi o que dixeron. Nin sabemos (a cidadanía) o que teñen pensado facer para reflotar a economía do país e medo nos da o que poidan estar pensando visto o que ocorre nas comunidades gobernadas por eles. Podemos mirar a Comunidade de Madrid, a Valenciana, a Rexión de Murcia e Castela a Mancha, por citar algunhas.

Esa palabra tan redundante no vocabulario dunha persoa como é o candidato da “alternativa” que é incertidumbre, é a que eles xeneran e as vitimas desa actitude somos nós.



José Manuel Montero

Sº de Comunicación e Movementos Sociais da A.L. Xuventudes Socialistas de Ourense