O sindicato de estudiantes progresista IESGA (Iniciativa Estudiantil Galega), vén de impulsar durante a xornada de hoxe diversas sentadas nas universidades galegas para manifestarse en contra do aumento das taxas universitarias anunciado polo goberno do Estado.
En Ourense, coa colaboración de XEO (Xóvenes Estudiantes de Ourense), sindicato que conta xa cunha tradición de 15 anos na defensa do Campus de Ourense, a sentada tivo lugar fronte a Facultade de Ciencias da Educación, e concluíu coa lectura dun manifesto por parte de José Antonio Nóvoa, coordinador de IESGA en Ourense e responsable de XEO, que recentemente foi electo claustral na facultade de Dereito da cidade das Burgas.