Esta tarde vén de ter lugar en Ourense unha das maiores manifestacións que se lembran. Estímase que preto de 25.000 veciños e veciñas secundaron a movilización convocada de xeito unitario por UXT, CCOO e CIG, pero tamén por outros colectivos menos habituais nas rúas como o SUP (da Policía Nacional), a AUGC (da Garda Civil) ou o CSIF, que portou a súa propia pancarta, en protesta pola destrucción do Estado e da economía española que está a levar a cabo o Goberno de Mariano Rajoy.
Salientar tamén a implicación do comercio local da cidade, que pedíu ós comerciantes que pechasen as 19 h e se incorporasen á manifestación.
Xuventudes Socialistas de Ourense, sen entrar a competir coa iconoclastia infantil e anacrónica doutros, tamén estivo presente, como sempre, apoiando as reivindicacións da cidadanía ourensá.