6 ago 2012

Xuventudes Socialistas denuncian o retraso da Xunta na aprobación dos taxas públicas para as matrículas universitarias do curso 2012-2013




-                     Denuncian que o retraso se debe a “cálculos electorais”.

-                     As universidades están a cobrar as taxas do curso 2012-2013, coas contías fixadas para o curso anterior coa advertencia de que a diferencia lle será reclamada ó alumnado unha vez sexan establecidos os novos prezos.

-                     A situación provoca que as e os estudantes deban contratar un servizo sen saber cal será o custe final.



           As Xuventudes Socialistas de Ourense denuncian o retraso da Xunta de Galicia na aprobación do Decreto que regule as taxas universitarias para o curso 2012-2013, cuxo período de matrícula está xa aberto.

Ante esta circunstancia, en base ao Decreto 143/2012 do 5 de Xullo de 2012 aprobado polo goberno autonómico, as universidades galegas están a prorrogar as taxas do curso 2011-2012 coa advertencia aos estudantes de que lles será reclamada a diferencia con respecto as novas taxas que acabe por determinar a Xunta de Galicia para o novo curso.

Esta circunstancia, segundo o secretario de universidade da organización, José Antonio Nóvoa, “provoca unha incertidume intolerable a estas alturas nas e nos estudantes, que están xa a formalizar a matrícula e a aboar as taxas”.  Ó alumnado   ofréceselle tamén a posibilidade de cancelar a matrícula unha vez se publiquen as novas contías.

Por outra banda, os xóvenes socialistas cuestionan a base xurídica da mecánica coa que o goberno da Xunta e as universidades galegas están a desenvolver o precedimento pois “obriga aos usuarios a contratar e aboar unha cantidade por un servizo cuxo custe final descoñecen”.

Por último, os socialistas instan ó Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, “a aprobar xa o novo decreto, olvidándose de cálculos electorais, tendo en conta as especiais dificultades económicas das familias galegas e primando a igualdade de oportunidades entre as e os xóvenes do país”.