Ao acto asistiron integrantes da
candidatura ao Parlamento autonómico e diversos cargos orgánicos e
institucionais do PSdeG.
Esta tarde, na ourensá praza de San
Antonio, as Xuventudes Socialistas de Ourense deron o pistoletazo de saída á
pre-campaña electoral coa celebración dun Beers
& Blogs, unha reunión informal na que activistas na rede e autores de
blogs coinciden no “mundo real” . Neste caso, a xuntanza servíu para intercambiar
reflexións acerca do impacto que as redes sociais e a Internet están a ter nos
procesos políticos actuais e, asemade, analizar en conxunto, a medida que as
van compartindo a través das diversas redes, as causas dos principais problemas
para a cidadanía galega e as solucións que o PSdeG achega de cara aos vindeiros
comicios autonómicos.
No acto,
no que participaron “in situ” unha trintena de xóvenes equipados con ordenadores
portátiles, tablets ou móviles de última xeración, estiveron presentes membros
e membras da candidatura do PSdeG pola provincia de Ourense e diversos cargos
orgánicos e institucionais socialistas como a deputada Laura Seara.
En
primeiro lugar, o debate virou en torno á importancia das redes nos procesos
electorais para, despois, profundizar en asuntos como o paro xuvenil, os
recortes en educación ou en sanidade ou a subida do IVE, emitindo, cada un dos
participantes, as súas conclusión a través de Twitter, Facebook ou outras redes, permitindo así que calquera que
o desexase poidese participar e interaccionar tamén desde as súas casas no Beers & Blogs.