11 nov 2012

Charla-coloquio sobre as novas taxas xudiciais



            O vindeiro sábado 17 de Novembro, a avogada María Jesús Castro, licenciada en dereito pola Universidade de Vigo e Experta universitaria en Partidos Políticos e Democracia Militante pola UNED, ofrecerá unha charla-coloquio sobre as novas taxas xudiciais que, previsiblemente, serán aprobadas polo Senado esta mesma semana.

A xuntanza, aberta ó público, pretende ofrecer unha visión clara sobre os cambios que se introducen e tamén reflexionar no coloquio posterior acerca da alternativa que a esquerda ofrece para garantir a sostenibilidade e eficiencia do sistema xudicial. Gustaríanos contar coa participación, como sempre, de todos e todas, especialmente, de militantes e simpatizantes profesionais do dereito.

Estades convidados!

O acto terá lugar as 11:00 no Centro Cívico da Ponte. r/ Eulogio Gómez Franqueira , 43


(Ao terminar, aproveitando que é feira e o campo está preto, iremos xantar. Para esto, mellor confirmade o día antes para gardar mesa. comunicacionxuventudes@gmail.com)