10 dic 2013

As XSG acusan aos gobernos do PP de falta de compromiso no cumprimento dos Dereitos Humanos

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) realizaron hoxe, co motivo do Día dos Dereitos Humanos, un chamamento para que o noso país volva a ser referente na loita pola protección dos máis vulnerables e os agredidos/as polos crimes de odio.


       Para o secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, “a vulneración dos Dereitos Humanos debe ter unha resposta contundente por parte da Comunidade Internacional con esforzos diplomáticos, que aseguren o seu cumprimento, ademais da condea aos que os quebrantan.”

Para os mozos/as socialsitas “nun momento no que o neofascismo e os partidos de extrema dereita renacen en todo o continente de maneira máis populista, débense perseguer e pena exemplarmente ás persoas que poñen risco os valores democráticos e interculturais e a solidariedade.”

O secretario xeral quixo facer fincapé tamén “no impacto que están a ter as políticas de retallos do Partido Popular na infancia polos alarmantes estudos que se publicaron recentemente sobre a realidade española nos anos 2012 e 2013 por UNICEF que denotan a falta de sensibilidade dun goberno que lonxe de protexer os dereitos humanos promove a desigualdade dende o nacemento.”

Para a Organización “os nenos/as son os primeiros que hai que protexer e non os últimos a ter en conta. Este colectivo sofre a crise cando os seus pais/nais fican sen traballo ou sen ingresos, cando son desafiuzados ou cando por mor de menores ingresos familiares, se empobrece a calidade da súa alimentación ou dos seus tratamentos sanitarios, por non poder costealos.”

Bouza lamentou “as decisións políticas do Sr. Feijoo de redución do gasto público nas axudas ás familias, nas bolsas escolares de comedor ou de libros de texto que conlevan a xerar maior desigualdades”. 

Continuou culpabilizando aos gobernos do PP de que agora “esteamos a recoller o froito que eles están a sementar coas súas políticas que non son máis que resultado dunha ideoloxía rancia e anquilosada baseada na pura e dura desigualdade. 

Instou así mesmo, ao Sres. Rajoy e Feijoo a cumprir a Convención sobre os Dereitos do Neno que recoñece o dereito de todo neno/a a un nivel de vida adecuado para o seu desenvolvemento físico, mental, esperitual, moral e social e que entra en consonancia coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos asinada e promovida polo noso país.

Dende a Organización concluíron que “a protección dos Dereitos Humanos, sexa cal sexa a súa natureza, en España ou no exterior, debe ser unha prioridade para calquera Goberno que aspire a crear unha sociedade máis xusta, máis libre e máis igualitaria pois nela reside o avance común de todos os pobos e todas as nacións.”


Fonte: xuventudessocialistas.org