- As Xuventudes Socialistas de Ourense acusan a Jesus Vázquez de ter medo a debater e de desprezar as veciñas e veciños de Ourense ao non asistir ao debate, mostra din da súa falta de propostas para a cidade.
Ourense, 10 de maio de 2015
As Xuventudes
Socialistas de Ourense critican que o candidato elixido a dedo do Partido
Popular para a alcaldía de Ourense, Jesus Vázquez, deixase baleira a súa
cadeira no debate a catro organizado pola televisión pública de Galicia.
En palabras
do seu Secretario Xeral, Jose Antonio Novoa, “Parece que para o candidato do
Partido Popular é máis importante sacarse fotos coas súas gafas e invitar a
cenas aos seus simpatizantes que debater sobre as súas propostas de futuro para
a cidadanía de Ourense”. Remata Novoa: “Esperemos que a visión do futuro da
cidade para o PP , agora que presume de gafas, non sexa a de facer secar As Burgas como fixeron cando
estiveron no goberno municipal”.