As
Xuventudes Socialistas de Ourense
presentan hoxe nas redes sociais a súa nova campaña “Aterriza como poidas”. A
campaña consiste nunha ilustración do candidato do P.P. á alcaldía da Cidade de
Ourense descendendo en paracaídas ó
balcón do Concello, cunha tesoira na man, dende un helicóptero no que o
saúda Alberto Núñez Feijoo.
A
ilustración vai acompañada cun texto
onde se destaca o “historial” de Jesús Vázquez coma conselleiro, e destacan
feitos coma o aplauso ós recortes en
educación, o apoio a centros privados ultra-relixiosos, ou as dezaseis
sentencias xudiciais en contra das súas decisións.