Xuventudes Socialistas de Ourense denuncia a falta de
escrúpulos e responsabilidade do Alcalde de Ourense Jesús Vázquez por “sacar
peito” no seu perfil oficial das axudas municipais para libros de texto en
materia de política educativa.
Dende as Xuventudes Socialistas recordan que mentres
Jesús Vázquez suprimía o sistema de préstamo gratuíto de libros de texto e
recortaba drasticamente as becas para
comedor e material, o goberno socialista de Ourense aumentaba as partidas para
estas axudas.
Destacan que no ano 2006 o goberno municipal do PP
destinou 109.722.72 euros para un total de 311 axudas, no ano 2014 o goberno
municipal socialista executou unha inversión de 306.000 euros concedendo 577
axudas.