NA XORNADA INTERVIRON O XINECÓLOGO JOSE LUIS DOVAL E A PARLAMENTARIA DO
PSdeG CARMEN ACUÑA.
As Xuventudes Socialistas
de Ourense celebraron onte, no Espazo Lusquiños da Mocidade, un coloquio sobre
políticas de igualdade, saúde sexual e reprodutiva.
No acto contouse coa
análise, dende o punto de vista da práctica sanitaria, do Xefe de Xinecoloxía
do CHUOU José Luís Doval. Así coma, dende a experiencia política, do punto de
vista da deputada autonómica Carmen Acuña, Portavoz de Igualdade do PSdG- PSOE no
Parlamento Galego.
Ambos poñentes fixeron un
completo repaso da situación actual da materia no noso país, e na nosa cidade: Dende a importancia da corresponsabilidade entre homes
e mulleres á hora de fomentar que as prácticas sexuais sexan seguras, ata a
necesidade de instaurar unha educación sexual de calidade nos centros
educativos.