Jueves 5 de Noviembre 2008

O primeiro gancho de Feijoo Foreman impacta coma un obús no mentón; mételle un Pássaro de coidado, pero Ebaltar Holyfield, sempre en garda, responde en décimas e arma un swing que acaba cos seus cotenos ensanguentados e co ollo do seu contrincante voando cara as Illas Caimán.
Pero Foreman é teimudo, e cun crochet dirixido a súa faciana, coloca a Roger Lio como súper delegado. Pecata minuta para Holyfield que, cun bo xogo de pernas e a sabedoría de moitos combates librados xa, minimiza o impacto coa vella táctica dos “Fondos Europeos”; tan vella que Foreman tamén a coñece, e lla devolve por onde veu, e manda ó masaxista Poly de turismo rural ó restaurante dun pariente.
Non hai tregua, nin piedade, nin xesto algún de contrición. A encarnizada loita continúa e Foreman, cun sutil jab, mantendo a distancia, priva ó fillo de Holyfield dunha anhelada Consellería, que si cae en mans de Chus, vilipendiado publicamente polo encanecido púxil.
Contra as cordas, Ebaltar Holyfield vende cara a derrota e persevera. Sempre o fixo. Dalgún xeito sempre aguanta. Que llo digan a Muhamad Cabezas Alí; revoloteaba como unha mariposa polo ring, lixeiro e inalcanzable, intocable, pero hoxe xace inmóbil no ring do Partido Popular. E Foreman non canta victoria porque o sabe. E acontece. E Ebaltar Jr. postúlase para revalidar o título do seu pai, quen advirte mentres respira do aire cautivo: - ou con el ou comigo, pero estás K.O - . Canibalismo político sobre o ring do PP. Paragóxico.
Entre tanto, a Nova Ourense avanza a un ritmo vertixinoso, da man da esquerda, da man do noso Alcalde e todos a unha. Deixando ben claro cal é o AUTÉNTICO BIPPARTITO