11 ene 2010

"The born of Minimí"




AS XUVENTUDES SOCIALISTAS TILDAN DE “MERCADILLO” O CONGRESO DO PP

. Consideran que “uns adícanse a cobrar os favores feitos, e outros a vender os que están por facer”.
. Para denunciar o “clientelismo inherente á dereita provincial” veñen de colgar unha video-montaxe caricaturesca na Internet
.

Ourense, 12 de Xaneiro de 2010


As Xuventudes Socialistas de Ourense denuncian en comunicado público o escándalo político que está a trascender en torno ó Congreso do PP ourensán, proceso que consideran “absolutamente respetable de non ser porque parece haber unhas interferencias sustanciais entre o funcionamento interno do Partido e as administracións públicas gobernadas polos seus responsables”

En palabras do secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva, o pre-congreso dos Populares “parece máis un mercadillo onde uns cobran os favores feitos e outros venden os que están por facer; e intúese con certa claridade que uns pretenden instrumentalizar a Xunta de Galicia e outros a Deputación Provincial para persuadir á clientela”.

Os xóvenes socialistas calificaron tamén de “cínica” a indignación que, agora, manifesta Jimenez Morán ante as “estratexias clientelares e presións do baltarismo, que non difiren en nada das que veñen levando a cabo na provincia durante anos, non so coa súa connivencia, senón coa súa participación activa”.


“The born of Minimí”

Como ven sendo habitual por parte das Xuventudes, tamén nesta ocasión buscaron un xeito distendido de facer reflexionar ós máis xóvenes ante as circunstancias que denuncian. Desta volta, tomando como base algunhas das escenas do filme “Austin Powers” en versión orixinal, e traducidas mediante subtítulos dunha “sospeitosa rigorosidade”, xeneran unha video-montaxe na que o Sr. Baltar, representado polo Dr. Evil, prepara o plan definitivo para garantir a continuidade dinástica pese as inxerencias de Nuñez Feijoo; voltar nunha máquina do tempo ó congreso no que “Feijoo Powers” foi escollido presidente do PP, acompañado do seu clon “Minimí” (J.M. Baltar), coa intención de presentarse para suceder a Fraga pactando con Barreiro e así adiantarse ás barreiras que está a atopar o seu fillo ante o Congreso provincial de 2010. Entre medias, a ameaza dunha maioría que pende dun simple parlamentario, porá a Feijoo na encrucillada. O desenlace, o 30 de Xaneiro.