- As Xuventudes Socialistas organizan un certame de cantautores que terá lugar o sábado 6 de marzo con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o día 8 do mesmo mes.
Ourense, 8 de Febreiro de 2010; Dende hoxe, e ata o vindeiro 26 de febreiro, está aberto o prazo de inscrición para o certame de cantautores “Xuventudes Unplugged”, consurso de cantautores que organizan as Xuventudes Socialistas de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller, coa finalidade de subliñar a importancia de poñer a Igualdade e a defensa dos dereitos das mulleres na axenda dos creadores artísticos, e así aproveitar a capacidade da música, e da arte en xeral, para sensibilizar ó conxunto da poboación e, especialmente, ós máis xóvenes.
O certame, que conta coa colaboración da Secretaría Provincial de Igualdade do PSdeG e da Casa da Xuventude de Ourense, terá lugar na sala La Bolera (na zona do Campus de Ourense) o sábado 6 de marzo, estando aberto á participación de calquera persoa que o desexe, sempre e cando as letras das cancións estean escritas en galego ou en castelán e a súa temática verse – coa razoable flexibilidade que permite a lírica- sobre a Igualdade entre mulleres e homes.
O xurado estará composto por persoeiros da cultura e dos medios de comunicación e será presidido, con voz pero sen voto, pola Secretaria de Igualdade do PSdeG, a recentemente nomeada directora do Instituto da Muller, Laura Seara Sobrado.
Inscrición
Os interesados deberán remitir, antes do 26 de febreiro, copia por cuadriplicado das letras das cancións, xunto cos seus datos persoais e teléfono de contacto a:
“Sede do PSdeG, r/Ribeira de Canedo nº 24, CP: 32001,Ourense”; ou ben envialas ó mail: comunicacionxuventudes@gmail.com
Premios
Haberá un primeiro premio de 500 € en metálico para o gañador; e un segundo e terceiro premio de 250€ e 100 €, respectivamente, en material musical a escoller polos gañadores en calquera establecemento con domicilio fiscal en Ourense.
Bases
Para consular as bases completas do concurso fai click no seguinte enlace: