Ourense, 7 de Marzo de 2010. Onte pola noite tivo lugar na sala ourensá “La Bolera”, o certame de cantautores e cantautoras “Xuventudes Unplugged”, organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense e a Secretaría Provincial de Igualdade do PSdeG-PSOE para conmemorar o Día da Muller, e que contou coa colaboración da Casa da Xuventud
e.
Nun acto que contou coa asistencia dun centenar de persoas, foron catorce as cancións que optaron a levarse o premio. Asemade, durante o evento, houbo tamén un recitado de poemas ofrecido polos membros do Círculo Poético Orensano.
O xurado estivo composto por Manuel Carballo (músico), Paco Sarria (locutor de Onda Cero), Sandra Dacal (locutora do programa “Banda Aparte” de Radio Allariz), Cristina Asenjo (da Marcha Mundial das Mulleres), Rosa González (da Casa da Xuventude), María González (do Círculo Poético Orensano) e por Patricia Nogueira (secretaria de Igualdade do PSdeG).
O criterio que se seguíu para escoller ós vencedores foron a calidade artística por unha parte, e a pertinencia das letras coa temática do certame por outra.
Finalmente, Gustavo Almeida, cantautor natural de Río de Janeiro e fillo da tamén recoñecida cantante Ellen de Lima, acadou o primeiro premio coa canción “Si tú quieres”, que forma parte do seu segundo album “La Cabaña”.

O segundo premio foi para Iria Figueroa, integrante do dúo pop santiagués, “La Edad Prohibida”, coa canción “Hoy lo volveré a intentar”; e o terceiro para o cantautor leonés Alfonso Salas, finalista e gañador de diversos certames en toda a xeografía española como o “X Certamen Ciudad de Melilla de cantautores”,
que realizou unha orixinal performance para interpretar a súa canción “Desdibujando” (imaxe inferior).A entrega de premios foi oficiada pola secretaria de Igualdade do PSdeG en Ourense, Patricia Nogueira, que nunha breve intervención fixo referencia ós avances en materia de Igualdade dos gobernos de Zapatero e Touriño, e manifestou que, “porén, como sociedade, aínda queda moito por percorrer, e trasladar o principio da igualdade e a importancia do respeto mediante vehículos tan axeitados como os diferentes tipos de expresión artística é unha boa forma de sensibilizar ó conxunto da cidadanía”.
