Ante as informacións aparecidas hoxe en diversos medios de comunicación nas que se afirma que as “Xuventudes Socialistas de Ourense” presentaron unha proposta de delegación ó Congreso Provincial Extraordinario do PSdeG na asamblea da Agrupación local de Ourense, esta organización , aclara:
- A participación nas reunións da Asamblea das agrupacións locais do PsdeG é sempre a título individual e, polo tanto, non hai ningún procedemento que posibilite a esta organización presentar propostas nin manifestarse como colectivo no seu transcurso. Por conseguinte, as Xuventudes Socialistas de Ourense non presentaron lista algunha.
- A Executiva Local das Xuventudes Socialistas de Ourense manifesta o seu respeto ós procedimentos e debates internos do PsdeG e o seu único desexo é que, finalmente, o Partido Socialista saia reforzado e, sobre todo, ofrecendo propostas úteis ó conxunto da cidadanía.