5 ene 2012

As Xuventudes Socialistas de Ourense Lanzan a campaña “Ourense, outra vez, fóra do mapa”


- Con ela pretenden denunciar a discriminación da provincia de Ourense nos

orzamentos de 2012 da Xunta de Galicia.


Cuns cartaces nos que aparecen representados como Reis Magos Feijoo, Farjas, e Currás, o título“Ourense, outra vez fóra do mapa”, e un texto no que sintetizan de que xeito, na súa opinión, tratan os orzamentos da Xunta de Galicia á provincia de Ourense. Así pretenden denunciar as Xuventudes Socialistas de Ourense durante o Día de Reis o que consideran “unha discriminación da nosa provincia e, en xeral, un retroceso en dereitos básicos para todas as galegas e galegos”. - “Outro ano máis, nin sequera carbón”-, pregúntanse nos dípticos.

Denuncian os xóvenes socialistas que os orzamentos establecen “recortes sociais ó ir introducindo o copago sanitario e ó recortar notablemente a dotación para servizos sociais e, por outra parte, a nivel de inversións, haxa ausencias significativas como os proxectos dos parques empresariais de Ribadavia, Val da Rabeda ou a Baixa Limia. Asemade, hai un abandono de sectores fundamentais para a provincia como son a viticultura, a agricultura ou a gandeiría”, explica Jonathan da Silva, secretario xeral da organización.

Por outra parte, sinala Da Silva, “chama poderosamente a atención que unha provincia semellante poboacionalmente a Ourense como a de Lugo reciba 506 €/por habitante e a nosa reciba 281. Contrasta a actitude do goberno de Feijoo co que, ata hai pouco, foi o goberno do Estado, e que priorizou ás zonas que máis o precisaban traendo, xa en tempos de dificultades, a alta velocidade a Galicia e unha estación nodal a Ourense cuxo proxecto, esperamos, non rebente o PP”.

A campaña será distribuída polas rúas da cidade en man e mediante buzoneo e, especialmente, a través das redes sociais.