As Xuventudes Socialistas quixemos sumarnos hoxe ás movilizacións contra a reforma laboral; a unha folga e a unha manifestación contra unha reforma ideolóxica que supón un retroceso de 30 anos en dereitos para os traballadores e que implica unha maior incertidume na cidadanía e, por ende, unha maior contracción do consumo. Unha reforma laboral deseñada para destruir emprego, para facilitar os despidos e para que asistamos neurotizados ós recortes da dereita.