Morre un brigadista contraincendios en Castrelo do Val
As Xuventudes Socialistas de Ourense quremos manifestar o noso pesar polo falecemento de Higinio Vivas, brigadista contraincendios, falecido onte ó participar na extinción dun incendio en Castrelo do Val a causa dun cambio abrupto na dirección do vento.
Asemade, sumámonos á solicitude das centrais sindicais para que se investigue en profundidade o contexto no que se producíu o luctuoso accidente, dada a política de recortes da Xunta tamén na loita contra os incendios forestais.