Durante toda a xornada de hoxe, as Xuventudes Socialistas de Ourense, mantiveron instalada unha mesa informativa na Rúa do Paseo acerca da Reforma Laboral recentemente aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy.
Distribuíronse diversos materiais explicativos de elaboración propia, e outros elaborados polo PSOE, que foron recibidos cunha alta receptividade por parte dos viandantes, moi sensibilizados pola que é a maior preocupación dos españois: o emprego.
A carpa, a media mañá, contou coa presencia do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, e de diversos cargos institucionais e orgánicos do PSdeG na provincia de Ourense. Vázquez, referiuse á alta tasa de desemprego en xeral e, en particular, xuvenil da nosa Comunidade e acusou ó presidente da Xunta, Nuñez Feijoo, de "porse de lado no tocante ó emprego cando as políticas activas están transferidas á propia Xunta que él preside".