Tras a presentación do programa “Activa” por parte de
Delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, os mozos socialistas califican
de “insustanciais” as iniciativas da Xunta en materia de emprego xuvenil.
Comparan o desleixo da Xunta de Galicia
co plan de emprego xuvenil aprobado polo goberno vasco, cunha inversión de 320
millóns, sendo a taxa de paro en Euskadi a metade da taxa en Galicia.
Ourense, 4 de Maio de 2012
Tras a presentación onte por
parte de Rogelio Martínez dos 21 cursos que a Consellería de Traballo desenvolverá
na provincia de Ourense no marco do programa “Activa”, adscrito á Dirección
Xeral de Xuventude, e que consta de 141 cursos para a busca de emprego en toda
a comunidade, as Xuventudes Socialistas de Ourense veñen de denunciar o
desleixo da Xunta de Galicia ante unha taxa de paro xuvenil próxima ao 40 %.
“Non
é serio, -
denuncia o secretario xeral da organización, Jonathan Da Silva,- que ante un aumento do paro global do 18% ao
24,4% desde entón, e con 55.000 xóvenes parados en Galicia, a Xunta reducise á
metade o orzamento que adicaba a políticas activas de emprego de emprego en
2009, e que a súa única resposta sexa repartir cursiños e diplomiñas de
oratoria para as entrevista de traballo; sobre todo, porque para que haxa
entrevistas, antes, ten que haber traballo”.
Feijoo, denuncian os
socialistas, “vén de reducir o orzamento
adicado a políticas activas de emprego nun 49,5 %, as políticas de apoio ao
emprendemento nun 68%, e nun 20% o destinado aos Plans de Cooperación de
Emprego. Todo esto, nun contexto no que a taxa de desemprego xuvenil en Galicia
é de case o 40%, con 27.000 universitarios no paro”, e poñen en
contraposición que no País Vasco “coa
metade de paro, veñen de aprobar un plan de emprego xuvenil cunha inversión de
320 millóns de euros”
Por último, os socialistas
consideran que “a falta de iniciativa que
a Xunta de Galicia amosa limitando a súas políticas de emprego xuvenil á
organización de cursiños, é un síntoma máis do desgaste dun goberno autonómico
caracterizado pola inacción e a incapacidade de ofrecer solucións aos problemas
da cidadanía e, en particular, dos xóvenes, aos que non nos queda outra que
coller as maletas e emigrar.”