Finalmente, Raúl Fernández foi reelixido secretario xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense no II Congreso Provincial que as e os socialistas ourensáns celebraron durante o día de hoxe no campus universitario da Cidade das Burgas.
Raúl encabezará unha executiva presidida por Alfredo García, alcalde de O Barco, e na que a secretaría de organización continuará baixo a xestión da parlamentaria autonómica María Quintas.
Desde Xuventudes, agradecerlle ó outro candidato a este II Congreso, Pablo Xavier López Vidal, o debate proposto, e desexarlle ó novo equipo provincial todo o ánimo e todo o acerto na tarefa que ten por diante.
![]() |
Raúl Fernández, no centro |