16 may 2012

Conferencia de Ramón Chao organizada polo sindicato de estudantes XEO





        No día de onte tivemos a sorte de contar coa presenza do xornalista e escritor Ramón Chao.  O vilalbés, afincado en París desde os anos cincuenta, ofreceu unha conferencia na que disertou sobre as distintas manifestacións da censura dende cando comezou a publicar, até os nosos días.

Durante o coloquio, celebrado na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo, o xornalista repasou a opacidade informativa existente na ditadura en España, e o "aperturismo" que supuxo a lei de Prensa impulsada por Fraga como mecanismo máis que aperturista con finalidade recadatoria, entre outras cousas.