9 jul 2012

XUVENTUDES SOCIALISTAS MANIFESTAN SEU APOIO A EXEÑERÍA FÍSICA PARA O CAMPUS DE OURENSE


           Os socialistas, que en 2009 xa denunciaran a supresión de Física, destacan que é unha oportunidade para a Universidade de Vigo e  para a cidade.

          As Xuventudes Socialistas de Ourense queren manifestar publicamente seu apoio á implantación da titulación de Enxeñería Física no Campus de Ourense e congratularse pola decisión da Corporación Municipal do Concello de Ourense de aprobar unha moción nese mesmo sentido, porén, respectarán a decisión que os órganos da Universidade de Vigo, con total lexitimidade e autonomía, acaben adoptando.

A organización xuvenil do PSdeG, que xa se mostrara moi crítica hai tres anos coa decisión de suprimir Física do Campus de Ourense, considera que a titulación de Enxeñería Física está especialmente orientada á práctica e forma perfís profesionais moi demandados “no complexo mercado laboral ó que se enfrontan os universitarios e universitarias no noso país e, polo tanto, é unha gran oportunidade, sobre todo, para as expectativas da mocidade galega”.
Por outra banda, destacan tamén a “exclusividade na nosa Comunidade Autónoma, e case en España, pois soamente se pode cursar na Universidade Politécnica de Catalunya; o seu baixo custe de implantación ó contar con profesorado e cun equipo investigador procedente da extinta licenciatura en Física, e o prestixio que supoñen para unha universidade este tipo de disciplinas.
Por outra banda, tamén amosan a súa satisfacción polo apoio manifestado polo PSdeG ó Campus de Ourense xa que, consideran, é necesario que o reequilibrio territorial se encauce de xeito transversal, sen excluír as políticas educativas e de universidade, para que a Galicia interior tenda a converxer coas provincias costeiras”.
Por último, resaltan que se trataría dunha decisión xusta, xa que o Campus de Ourense, cando hai que repartir algo, o único que leva son paos, como o da creación de Dereito Económico no Campus de Vigo ou a mencionada supresión de Física, subliña o Secretario de Universidade da organización, Jose Antonio Novoa.