Xuventudes Socialistas de Ourense presentaron onte aos/ás ourensáns a campaña “Matrimonio igualitario = igualdade sen recortes” das Juventudes Socialistas de España.
Con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo Lésbico, Gay, Transexual e Bisexual, as Xuventudes Socialistas de Ourense, en colaboración coa secretaría provincial de Participación e Movementos Sociais do PSdeG, presentaron aos cidadáns de Ourense a campaña “Matrimonio igualitario. Igualdade sin recortes”.
Os socialistas denuncian os brutais recortes do PP así como o perigo que as políticas do Goberno supoñen para as conquistas en dereitos civís e liberdades públicas acadadas nos últimos anos.
A secretaria provincial de Participación e Movementos Sociais, Bibiana Iglesias, deu lectura ao manifesto do PSOE polo Día do Orgullo LGTB nun acto no que tamén intervíu José Manuel Montero, responsable do Grupo LGTB do PSdeG na provincia de Ourense.