28 jun 2012

Carmen Rodríguez, nova secretaría xeral do PSdeG en Ourense


A concelleira de persoal do Concello de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, resultou elexida como nova secretaría xeral da agrupación local de Ourense do PSdeG nunha asamblea, celebrada esta tarde, á que só concurríu unha candidatura; a encabezada por Francisco Rodríguez, que abandoaba a secretaría xeral tras dez anos, como Presidente, e por ela mesma como secretaria xeral. A secretaría de organización corresponderá a Pablo Xavier López Vidal, e a secretaría de Administración a Rosa Martínez.

Desde Xuventudes Socialistas de Ourense, transmitir os nosos parabéns ós e ás compañeiras elixidas e desexarlle ánimo e acertos na tarefa que teñen por diante.


Carmen Rodríguez