4 sept 2012

Acto sectorial de Educación con Pachi Vázquez, candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE






  Hoxe, 4 de setembro de 2012, Pachi Vázquez, médico e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE, xunto con Paco Vázquez, profesor e Alcalde de Ourense, Raúl Fernández, profesor e Secretario Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, e María Remedios Quintas, profesora e Deputada autonómica, compartiu cos sectores da educación pública en Ourense (docentes, sindicatos, ANPA´s e estudantes) unha charla sobre a situación actual da educación pública en Galicia.


  O primeiro en intervir foi Paco Vázquez, Alcalde de Ourense, afirmando que o seu Concello é dos que asumiu un compromiso firme coas axudas educativas solicitadas ao Concello ante a deixadez de funcións da actual Xunta de Galicia gobernada polo PP.


  En segundo lugar Raúl Fernández, Secretario Provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, que asegurou ser coñecedor da precaria situación actual da educación pública xa que el é mestre de profesion e está totalmente sensibilizado co desmantelamento que se esta producindo na Educación pública.


  Por último Pachi, candidato á Xunta polo PSdeG, expuxo unha situación "dramática" do estado da Educación pública en Galicia. Na súa exposición subliñou que o modelo dual que propón o PP é que "page máis o que menos ten e page menos o que máis ten" e que o desmantelamento da Educación pública pasa por que no próximo curso escolar haxa nas aulas "2.700 docentes menos".


  Para mellorar esta situación propuxo en primeiro lugar "anular os concertos educativos con colexios privados que segregan por sexo nas aulas", recuperar o "sistema de préstamos de libros e devolver a gratuidade nos libros de texto", así como blindar por Lei os servizos públicos básicos (Sanidade e Educación). Tamén propuxo, entre outras cousas, que o orzamento destinado a I+D+i alcance, como no País Vasco, o 1,4% do PIB e non o actual 0,8%.


  Entre outras cousas destacou que a falta de investimento produtivo non se arranxa con darlle como premio a @s premios extraordinari@s de carreira unha maleta para que emigren ante a falta de iniciativa do actual Goberno da Xunta.


  Ao final da intervención producíronse diversas intervencións das persoas asistentes ao acto no que lle formularon ao candidato as súas preocupacións.