Con esta campaña pretenden denunciar o diferencia do
custe do inicio do curso escolar entre os anos do goberno socialista e os anos
de goberno popular.
As Xuventudes Socialistas de
Ourense veñen de lanzar a campaña “La
vuelta al cole con el re-Corte Inglés” na que, simulando unha campaña
publicitaria da coñecida cadea de centros comerciais, aparecen dous supostos
tickets de compra nos que se recollen o custe de inicio do curso escolar
2012/2013 – con goberno popular na Xunta de Galicia e no Estado-, e no curso
2008/2009, con goberno socialista en ámbolos dous casos.
A suma, no primeiro caso, tendo en
conta o incremento do IVE do material escolar, dos prezos dos comedores e a
supresión da gratuidade dos libros de texto, ascendería a 710 € por neno ou
nena, mentres que, no caso do curso 2008/2009, co sistema de préstamo gratuito
de libros aplicado polo goberno de Emilio Pérez Touriño e coa axudas para
adquisición de material escolar que, naquel momento, aumentaran nun 125 %, o
custe ascendía a 210 €. Cincocentos euros de diferencia.
A campaña, conformada por cartaces,
postais dixitais para difusión nas redes sociais e dípticos que serán
distribuídos en diferentes accións de rúa e nos centros escolares da cidade,
pretende pór de relevo, segundo explica o secretario xeral da organización,
Jonathan Da Silva, “a folla de ruta da dereita en España e en Galicia:
destruir a cohesión social e a igualdade de oportunidades aniquilando os
servizos públicos e encamiñándonos, coa excusa da crise, a un estado
asistencial onde só os que a poidan pagar disporán dunha educación de
calidade”.
Asemade, os xóvenes
socialistas critican que a lexislatura de Feijoo viñese marcada, en materia
educativa, por unha involución en canto á calidade, coa reducción de 2500
mestres e mestras, o peche de escolas e a masificación nas aulas, e amosan a
súa satisfacción polo compromiso anunciado polo candidato do PsdeG á
presidencia da Xunta de Galicia ,Pachi Vázquez,
de suprimir os concertos coas escolas que segreguen por sexo, o que
suporá un aforro de tres millóns de euros, que adicará á recuperar a gratuidade
dos libros de texto e ós comedores escolares.