Aberto xa o proceso congresual das Xuventudes Socialistas de Galicia, e tras non fructificar a proposta desta agrupación local para a celebración dunha Conferencia de Organización previa que articulase o marco para realizar unha consulta aos militantes de toda Galicia para a elección do secretario/a xeral da organización; a Asamblea das Xuventudes Socialistas de Ourense determinou realizar unha consulta ao respecto - en sufraxio secreto e individual- entre todos os seus militantes, cuxo resultado, será o que, de xeito proporcional, voten os seus delegados/as no propio Congreso Nacional. É dicir; se, por exemplo, un candidato acadase un 40 % dos votos, outro acadase outro 40% e o 20% resultasen en branco, dos dez delegados da agrupación local, catro votarían por un candidato, catro polo outro e dous en branco.
A consulta terá lugar o sábado 13 de Abril para darlle tempo aos candidatos a dirixírense á militancia, porén, a delegación ourensá ao XIV Congreso das XSG, será elixida polos cauces reglamentarios e nos prazos establecidos nunha asamblea extraordinaria que se celebrará o venres 29 de Marzo, na que se delegará tamén a votación con respecto ao informe de xestión dos órganos nacionais e a defensa das emendas que os militantes aporten sobre á ponencia marco.
Esto implica un maior esforzo, por parte das candidaturas, para poder chegar ao conxunto da militancia a través das redes, dos seus documentos ou en persoa. O están a facer, e llo queremos agradecer públicamente co desexo de que o proceso, dentro da lóxica e natural diversidade da nosa organización, transcorra coa serenidade precisa nun momento como o actual.
Os candidatos, a día de hoxe son:
Chema Castrillo, 24 anos, estudante de arquitectura. Vicesecretario xeral actual e secretario xeral da agrupación d’ A Coruña: http://www.somospresente.com/
Aitor Bouza Manso, 21 anos, estudante de Dereito secretario xeral da agrupación de Ferrol: http://www.avanzandounidos.org
Dende a executiva local, seu secretario xeral, Jonathan Da Silva, afirma que "dentro das preferencias que un personalmente poda ter, a nosa aspiración é pasar páxina e darlle a responsabilidade aos militantes. Nos congresos tradicionais, as decisións acaban tomándoas entre catro, e iso redunda nunha falta de identificación co proceso e co proxecto que nos está levando a ter cada vez máis dificultade para empatizar e movilizar á xente nova".