Aitor Bouza: “as Xuventudes Socialistas teñen dende hoxe un único proxecto para Galicia”
A nova executiva nacional das XSG queda conformada por vinte membros
Poio (28-4-13).-
O novo secretario xeral das Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza, xunto o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, clausuraron hoxe o catorce congreso da formación xuvenil en Poio.
O novo secretario de Xuventudes, elixido na xornada do sábado, fixo un chamamento a unidade ao asegurar que dende hoxe “as XSG só teñen un único proxecto para Galicia porque temos un compromiso, dende hoxe, de contar con todas e todos”.
Ao mesmo tempo Aitor Bouza asegurou que deste congreso de Poio sae o compromiso para “que o próximo secretario xeral sexa elixido polo sistema de primarias porque a partir deste congreso imos desenvolver o regulamento para a súa aplicación no seguinte”.
Dentro dos compromisos adquiridos polo novo secretario xeral está o de converter a nova
executiva “na voz de todos os militantes por moi pequena que sexa a súa agrupación ou localidade”. Precisamente asegurou que van a iniciar un plan para acercase a totalidade das agrupacións para que todas teñan voz na nova executiva.
Ademais da elección duns coordinadores para cada unha das provincias, Bouza afirmou
que van a iniciar o proceso de adaptar a estrutura ao do partido coa creación dos órganos provinciais.
que van a iniciar o proceso de adaptar a estrutura ao do partido coa creación dos órganos provinciais.
Por outra banda tamén salientou a total independencia das XSG do Partido Socialista e
asegurou que non “se poda usar as XSG como campo de batalla do partido”.
asegurou que non “se poda usar as XSG como campo de batalla do partido”.
NOVA EXECUTIVA
A nova executiva das XSG está conformada por vinte membros e contou co respaldo do 61% dos votos na súa elección desta maña. Un 38 por cento dos delegados que exerceron o seu voto se abstiveron. A nova executiva está formada por: Aitor Bouza, secretario xeral; Miguel Caloto, secretario de organización; Marcos Ramos, política municipal; Alejandro Gesto, comunicación; Ismael Agra, formación; Ana Isabel Rey, Igualdade; Aida Castro, benestar social; Félix González, movementos sociales; Pilar Román, economía; Melisa Rodríguez, educación; Rodrigo Pena, novas tecnoloxías; Sofía Vázquez, medioambente; Mario Tarrío, Cultura; e tres secretarías executivas formadas por Ester Domínguez, Silvia Neira e Cristina Lois.
Os coordinadores provincias son: Andrés Tejo, A Coruña; Jesús Vázquez, Lugo; Javier
Rodríguez, Ourense; e Isaac Araujo, Pontevedra.