Tal e como fora acordado na asamblea
extraordinaria do pasado 29 de Marzo, onde a agrupación local de Ourense das
Xuventudes Socialistas escolleu aos seus dez delegados/as para o XIV Congreso
Nacional das XSG, durante o día de hoxe, entre as 12:00 e as 20:30 h,
desenvolveuse a consulta directa á militancia da que xorde a delegación de voto
con respecto ao próximo secretario xeral da organización xuvenil.
As
e os militantes da agrupación, tras recibir circular informando do proceso,
puideron depositar o seu voto, de xeito individual e secreto, nunha furna
instalada ao efecto na sede provincial do PSdeG en Ourense e que estivo
presidida polos membros da mesa da antedita asamblea.
Os
candidatos eran dous: Chema Castrillo, da Agrupación da Coruña, e Aitor Bouza,
de Ferrol, se ben os votos en branco tamén eran computables a efectos da
delegación do voto dos/as delegados/as.
Finalmente,
a participación foi do 58 %, contabilizándose 26 votos a favor de Aitor
Bouza ( 89,65 %), 1 a favor de Chema Castrillo (3,45 %), e 2 en branco (6,90 %).
Calculadas
as porcentaxes, a distribución dos votos da delegación ourensá no Congreso
Nacional do 27-28 de Abril, será de 9 delegados/as a favor do candidato Aitor Bouza Manso, 1 en blanco.
En palabras do secretario
xeral da organización, Jonathan Da Silva, “coa consulta simplemente tentamos que a
posición da agrupación a determinemos entre todos, dun xeito democrático, e non
quede a expensas de ningún tipo de “especulación” por parte dos delegados/as.”