21 may 2013

Xuventudes Socialistas reivindican o papel da Rede Natura como elemento clave para o desenvolvemento sostible de Galicia

Os mozos e mozas socialistas instaron a Feijóo a “apostar pola conservación do patrimonio natural de Galicia, e a dar marcha atrás na súa política mineira e acuícola”                                                                               
O secretario xeral, Aitor Bouza, insistiu na “importancia desta rede de espazos protexidos a prol da conservación da biodiversidade na Unión Europea”                                                                                                                    

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013


    As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) veñen de sumarse á campaña de Seo Bird Life e EFE para o Día Europeo da Rede Natura 2000, que terá lugar mañá, martes 21, reivindicando o papel da Rede Natura da Unión Europea como factor de conservación do patrimonio natural e elemento clave para o desenvolvemento sostible de Galicia.

Deste xeito os mozos e mozas socialistas manifestan a súa aposta pola defensa e protección destos valiosos espazos naturais, que en Galicia corresponden ao 11,7 por cento do territorio.

O secretario xeral, Aitor Bouza, acompañado da secretaria de medio ambiente, Sofía Vázquez lembrou que “a Rede Natura 2000 é unha rede de espazos protexidos europeos para a conservación da biodiversidade dentro da Unión Europea. Lugares onde existe unha maior diversidade de especies de flora e fauna, e nos que conviven a natureza e a actividade humana respetuosa con esta, de altísimo valor ecolóxico, social e económico. Os mozos socialistas destacan que en moitos destes espazos, a actividade humana compatibílizase coa vida natural.” -engadiu Bouza.

Os socialistas súmanse a campaña xa existente, e faran a súa propia nas redes socias de Facebook e Twitter, con varias mensaxes, co obxectivo de informar sobre esta rede, xa que o 80 por cento da cidadanía non coñece de que se trata. Así esperan que “a mocidade galega comece a coñecer esta rede, e se implique na súa conservación.”

Rede Natura 2000 componse -segundo explicaron dende a Organización- de zonas especiais de conservación (ZEC) declaradas polos Estados membros con arranxo á Directiva sobre hábitats e, ademais, das zonas especiais de protección para as aves (ZEPA) que se designan de acordo coa Directiva aves e lugares de interese comunitario (LIC).

Os mozos e mozas socialistas manifestaron que “o papel das Administracións Públicas é clave para o coñecemento desta rede por parte da sociedade, e dos seus beneficios sociais, ambientais e económicos que ten; polo que instan á Xunta de Galicia a facer o seu traballo”
Bouza lembrou que “o plan director galego da Rede Natura 2000 aínda non se aprobou, malia os prazos marcados pola UE que xa están sobrepasados”. “Esiximoslle á Xunta de Galicia que exerza as súas funcións”.

O secretario xeral, Aitor Bouza, criticou a política mineira e acuícola dos populares, que permite o asentamento destas industrias nestes espazos naturais protexidos. “Temos que abogar pola prohibición das actividades extractivas a ceo aberto prexistentes e os aproveitamentos enerxéticos industriais e mineiros subterráneos” -engadiu.

Para concluír os dirixentes socialistas expuxeron sobre a proposta de ampliación da Rede Natura 2000 que “non podemos permitir a utilización de artes de pesca que provoquen a morte de aves mariñas, así como debemos erradicar a introdución de especies exóticas para evitar a desaparición de especies autóctonas.”