16 jun 2013

Polo Dereito a Decidir


    Esta tarde ven de concluir unha semana intensa na loita polo dereito das mulleres a decidir sobre o seu corpo.

O pasado xoves, xunto coas compañeiras e compañeiros de Ourense da Plataforma Galega polo Dereito a Decidir, participamos nunha performance arredor da catedral de Ourense que rematou coa lectura do manifesto na Praza de San Martiño. Ao acto asistiron, entre outros cargos institucionais e orgánicos de diversas formacións, o alcalde de Ourense, Agustín Fernández ou a deputada Laura Seara.

Finalmente, nesta chuvosa tarde de domingo, participamos nunha acción similar nas rúas de Santiago que rematou coa lectura do manifesto e diversas actuacións musicais a carón da catedral da nosa capital.