Na tarde de hoxe quixemos acompañar as e aos traballadores de T-Solar, que están a afrontar situacións familiares dramáticas mentres ven como as negociacións para a venda da empresa, o que suporía a salvación de moitos postos de traballo, non avanzan, en gran medida, polo desleixo da Xunta de Galicia.
Unha manifestación na que moitas e moitos ourensáns lles amosamos a nosa solidariedade. Trátase dunha situación, lamentablemente, habitual nestes tempos, pero non por elo debemos caer no conformismo.