As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) denunciaron hoxe xunto coa
Coordinadora de Política Institucional do PSdeG, Laura Seara, nunha rolda de prensa celebrada en Ourense e na que participou tamén a secretaria de organización da Agrupación Local das XSG, Irina Fernández, a
supresión definitiva da Renda Básica de Emancipación e do subsidio dos
préstamos para vivenda que “afecta a 6470 persoas en Galicia e a máis de
27000 en toda España”.
A Coordinadora de Política Institucional do PSdeG, Laura Seara,
indicou que “as axudas ao subsidio de préstamos hipotecarios
mantivéronse ininterrompidamente dende o 89 cos gobernos de diferentes
cores”. “Estas axudas supoñían a subvención dunha parte proporcional da
cota mensual da vivenda de protección oficial de grande transcendencia
para moitas familias e que constituían un dereito recoñecido en todos os
plans de vivenda”.
O Secretario Xeral das XSG, Aitor Bouza, indicou que “estamos a
traballar conxuntamente co PSdeG e as Organizacións sindicais e
presentando unha PNL que ten como punto importante a vivenda”. “Vimos
denunciando dende os primeiros ataques que o goberno de Rajoy está a
levar a cabo numerosas propostas que obrigan aos mozos e mozas a volver
aos fogares das súas familias sen poder comezar a súa propia vida
independente”.
A Organización denunciou que “en comparación coas cifras do suposto
financiamento ilegal do PP, os 100 millóns de euros que se retallan con
esta medida supoñen un aforro escaso para o Estado pero de grande
transcendencia para as familias afectadas”. “Estamos ante case 300000
afectados en toda España directa ou indirectamente que non poderán pagar
entre 200 e 400 euros máis ao mes e que tan só terán dous meses de
marxe para regularizar a súa hipoteca”.
Para os mozos e mozas socialistas, a supresión da Renda Básica de
Emancipación supón “un ataque á independencia dos mozos e mozas que
comezou reducíndose o 30%”. “En abril deste ano a mocidade beneficiada
tan só recibía 147 euros que dificilmente garantía a súa independencia,
mais desde xullo déixase desamparada a toda a mocidade galega”.
O líder das XSG agradeceu “á CENG do PSdeG a decisión que tomou onte
que permitirá participar na consulta do 7 de setembro aos militantes das
XSG que por diferentes motivos non militan no Organización política”.
“É un avance moi relevante para toda a militancia, pero en especial para
os militantes das XSG que poderán elixir ao Secretario Xeral que o
representará nos próximos anos”.
Bouza concluíu anunciando que “os membros da CENG das XSG non avalará
ningunha candidatura, garantido transparencia e independencia no
proceso”.
![]() |
Irina Fernández, Laura Seara e Aitor Bouza. |