O vindeiro martes 23 de Xullo, darán comezo as actividades reivindicativas da Plataforma Cidadá en Defensa do Tren, constituída recentemente na provincia de Ourense. Terán lugar xunto á máquina do tren situada fronte á Estación d'A Ponte e consistirán, coincidindo coa semana das festas deste barrio tan senlleiro e vinculado ao tren, nunha serie de actuacións musicais, poesía e performances que xirarán e torno, e porán en valor, a defensa dun tren público e social.
Desde a Plataforma prégase a maior participación e que os asistentes, se é posible, acudan cunha candea ou cirio para desenvolver unha "vixilia" en torno á máquina.
A serie de actividades darán comezo as 20:30.