19 jul 2013

Debate sobre modelos de partidos e participación.


          Esta tarde, no centro cívico do Casco Vello, en Ourense, celebrouse un acto organizado pola secretaría de formación da executiva provincial do PSdeG en Ourense e polas Xuventudes Socialistas no que, baixo a moderación de Laura Seara, Secretaria de Participación e Coordinación Institucional do PSdeG, militantes e simpatizantes de ambas organizacións poideron reflexionar acerca do modelo de participación política ao que tende a sociedade española e galega.

No evento, que contou coa aportación de veteranos militantes do PSdeG, os participantes disertaron acerca da evolución da mentalidade cidadá con respecto á política, da  evolución da forma que facer política no noso país e sobre cal pode ser o seu futuro nunha sociedade máis formada, máis informada e máis interconectada ca nunca.