Cunha participación dun 62,53 %, o que supón un total de 7.081 votos emitidos, sobre os 11.300 militantes que tiñan dereito a voto, celebráronse onte as primarias consultivas para escoller ó novo secretario xeral do PSdeG, que deberá ser ratificado no Congreso do vindeiro día 29 do presente mes.
Co 77 % dos votos emitidos (5.469) resultou gañador do proceso o presidente da deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, frente a Manel Vázquez, alcalde da Illa de Arousa, que obtivo 1. 429 sufraxios. Contabilizáronse tamén 205 votos en blanco e 10 nulos.
Darlle a noraboa aos dous candidatos pola actitude e o tono constructivo amosado e desexarlle a Besteiro os maiores acertos en adiante.