10 sept 2013

Ourense tamén contra a guerra

Esta tarde tiveron lugar nas principais cidades galegas diversas manifestacións convocadas pola Plataforma Galega pola Paz, da que forman parte as Xuventudes Socialistas de Galicia, e nas que, tamén na nosa cidade, quixemos participar para expresar a nosa oposición ao inminente ataque dos Estados Unidos sobre Siria

No acto estiveron presentes membros de numerosos colectivos sociais e políticos que defenderon unha solución pacífica do conflito.