27 sept 2013

"HOXE ESCRIBÍMOLA NÓS”, NOVO CONCURSO XUVENIL DE TRABALLOS SOBRE A CONSTITUCIÓN


  Organizado polas Xuventudes Socialistas de Ourense, vai dirixido a mozas e mozos residentes na provincia de Ourense nados entre os anos 1994 e 1997.

   Nace como unha invitación á reflexión e unha manifestación da importancia de que os máis xóvenes participen dela e fagan mellor a política.


Ourense, 27 de Setembro de 2013


       As Xuventudes Socialistas de Ourense anunciaron hoxe a convocatoria dun concurso xuvenil de traballos sobre a Constitución baixo o título “Hoxe escribímola nós”.

Vai dirixido a mozos e mozas, residentes na provincia de Ourense, nados entre os anos 1994 e 1997 e o tema das redaccións debe versar sobre como lle gustaría a cada un dos participantes que fose a Constitución Española. “Queremos facer unha invitación á reflexión a á análise dos máis novos, para que entendan tamén a importancia de pensar e participar en política”, sinala José Antonio Novoa, secretario de Educación da organización.


José Antonio e Andrea, responsables de Educación e Liberdades Públicas .


Os traballos deben ter unha extensión de entre 4 e 8 páxinas e o prazo de presentación abrangue dende o 30 de Setembro ata o 24 de Novembro de 2013, estando prevista a entrega premios para o vindeiro 5 de Decembro.

Hai un primeiro premio dunha tablet Nexus 7, un segundo dun iPod Nano, e tres accésit que constan de libros e dvd´s sobre a historia do progresismo en España.

O xurado estará formado entre outros, explica Andrea Carballo, secretaria de Liberdades Públicas das Xuventudes Socialistas, pola deputada do PSdeG-PSOE por Ourense, Laura Seara, e polo senador Miguel Fidaldo.


As bases íntegras poden consultarse pinchando aquí.